lunes, 22 de septiembre de 2014

SAÚDO DO NOVO ALUMNADO DE TERCEIRO

Os nenos e as nenas, que este curso comezamos terceiro de primaria, tamén queremos saudarvos.
 Este é o inicio dun novo curso escolar e aquí neste blog irémosvos contando as novas do cole.


Para que todos nos coñecedades elaboramos uns murais nos que nos presentamos dunha maneira moi orixinal.


ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º A



                                       ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º B
O pasado venres 12 de setembro tivemos a sorte de recibir a visita da Banda de Música da nosa vila.  Animáronnos a que nos apuntásemos para formar no futuro parte do grupo.
Tocaron varias pezas musicais que nos acompañamos cantando. 
Sen lugar a dúbidas, o máis divertido foi cando nos deixaron probar e tocar todos os instrumentos. Nas fotos seguintes podedes comprobar o ben que o pasamos e asegurámosvos que máis de un, xa está pensando en ser un novo compoñente da Banda.













domingo, 14 de septiembre de 2014

COMEZO DO CURSO 2014 - 2015

Xa estamos de volta, nenos e nenas, esperamos que pasarades un bo verán, este curso promete moitas leccións e diversións.

Os nenos de 4º xa somos veteranos no ciclo, e dasmoslle a benvida aos novos compañeiros de terceiro.

Empezamos escoitando á banda de música de Bueu, que como todos os anos animounos o comezo do curso.


                                       Benvidos a tod@s¡¡
















VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...