Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desconectar do colexio, que tamén fai falta!Ler, gozade da familia, cociñade, xogos de mesa, deporte...e moito ánimo a todos e todas. Unha vez máis dar as grazas a todas as familias pola vosa colaboración nesta situación tan irreal, sen vós non sería posible. GRAZAS! Traballos que me chegan de como o pasades neste confinamento.
Antón Ríos 3ºB
Mariña, mándanos varias fotos de experimentos feitos coa súa familia con pasta e sal. Moi divertido Mariña, está xenial!
Mariña 3º B
Mariña 3ºB
E despedímonos cunha canción que pide Raúl de 3ºB, de La Pegatina.
E outra canción moi bonita para dar as GRAZAS unha vez máis!
EMPEZAMOS CUNHA CANCIÓN QUE SE VOLVEU O HIMNO DA CORENTENA. Esta canción conta coa colaboración de 50 artistas e sirve entre todos eles para "dar voz á esperanza" e recaudar fondos a beneficio de Cáritas. Así que PODEDES CANTALA MOI ALTO, MOI FORTEEEEE! Resistiré
Seguimos con manualidades, como é primavera e polo de agora non podemos gozar dela, propoño decorar as ventás, balcóns... con flores feitas por vós, así dámoslle un pouco de alegría.
E rematamos cunha canción con moito ritmo que pedíu Noa de 3ºB, "Cuando me siento bien" de Efecto Pasillo. Podedes seguir pedindo a vosa.
Olaaaaaa pois aquí estamos un día máis, como ides? Espero que ben. Hoxe empezamos cun xogo sobre os animais vertebrados, se premes no enlace poderás facer un xogo online e verás todo o que sabes dos animais.
Seguimos cun conto do Salón do Libro sobre as nubes, onde explican os tipos de nubes que hai e os seus nomes. Siiii teñen nomes moi diferentes e algúns moi raros, xa veredes!
Continuamos coas manualidades con materiais moi sinxelos que todos temos na casa. E como parece ser que vén choiva, aproveitamos para quedar na casa...jeje Veña anímate!
Rematamos cunha canción que nos pide YAIZA OTERO de 3º A "Quédate en tu casa"
ÁNIMO! Podedes tamén pedir a canción que queredes abaixo nos comentarios, non fai falta que as mandedes ao meu correo, como vós queirades.
Este trimestre estivemos lendo en 3º o libro de "Bruxa e familia" de Paula Carballeira, tiñamos pendente a súa visita para coñecela e falar sobre o seu libro. Esperemos que antes de que remate o curso poida vir.
E para coñecela un pouco aquí temos o seu conto " O moucho aburrido" de Paula Carballeira.
Para pasar un bo rato están moi ben estes debuxos que podedes facer en 3D, seguro vos saen xenial. Animádevos, tendes moitos para escoller neste vídeo! E para rematar poño a canción que Pablo Piñeiro de 3ºB me pedíu de Beret, LO SIENTO. Podedes ir pedindo e cada día poñemos unha.
Hoxe toca ARTS AND CRAFS así que collede o voso material e imos crear! Porque as mates, as linguas, educación física.... son importantes pero neste confinamento o que nos entretén na casa é a plástica e a música que escoitamos cada tarde nos nosos balcóns. Cantos debuxos es quen de debuxar?
E PARA REMATAR DOUS CONTOS MOI BONITOS DE KALANDRAKA, ESCOITADE O SEGUNDO CON OLALLA E MATILDA!
Veña rapaces e rapazas a por outro día máis!Ou xa queda un día menos!;)
Que tal andas da vista?
Observa atentamente esta imaxen. Se te fixas ben, verás que detrás da imaxe na parte central hai uns números, velos? Cales son?
Se tes dificultades para velos, podes probar a poñerte un pouquiño máis lonxe e despois achégate ata que poidas enfocalos correctamente.
MIRA ESTA IMAXE, NON SE MOVE É UN EFECTO ÓPTICO.
QUE VES NESTA MANCHA?
AGORA XOGAMOS A SER DETECTIVES
1. Un hombre entra en un bar y le pide al camarero un vaso de agua. El camarero se agacha buscando algo, saca un arma y le apunta al hombre que acaba de entrar. El hombre dice "gracias" y se va.
¿Por qué dice "gracias" si le ha sacado un arma?
2. Dos mujeres se sientan en un restaurante y piden té helado. Una de ellas tiene más sed y bebe muy rápido, mientras que la otra bebe más lentamente. La primera no se siente satisfecha, así que pide otro té y luego otro. Un rato después, la mujer que bebía lentamente murió envenenada después de beber un solo vaso, mientras que la que bebió tres estaba perfectamente sana.
¿Por qué el veneno mató a la chica que bebió un vaso pero no a la que bebió tres?
ATOPA AS 7 DIFERENZAS
XEROGLÍFICOS
Este grupo da mucho miedo. ¿Sabes cuál es?
AGORA PARA OS PAPÁS E MAMÁS Nestes días difíciles nos que pasamos moitas horas xuntos e confinados, teremos días máis positivos que outros e imos necesitar moito humor e coidar moitísimo a nosa saúde mental. Este é o meu vídeo favorito! A ver se vos gusta. Educar con humor do fantástico Carles Capdevila.
Ola rapaces e rapazas! Son a profe Ana, como vos boto de menos!!!! Aiiii a ver se pronto voltamos á rutina. Xuntos sí podemos, xa sabedes...... QUEDA NA CASA! ;) Volvemos a abrir este blog e durante esta cuarentena intentarei entretervos un pouquiño por aquí e engadir propostas divertidas cada día. Como sempre son OPTATIVAS e busco pasar un bo rato con vós. As tarefas de hoxe son intentade adiviñar estes acertixos: a)Un caballo blanco entró en el Mar Negro, ¿Cómo salió? b)Una pareja de recién casados, quieren contraer matrimonio pero la iglesia está cerrada. ¿Cómo se casan? c)¿De qué color es el caballo blanco de Santiago? d)Si un pastor tiene 15 ovejas y se le mueren todas menos nueve, ¿cuántas le quedan? e)En un coche iban dos madres y dos hijas, pero en el coche solo había tres pasajeras. ¿Puedes decir cómo es posible? f)Corren más que los minutos pero...nunca llegan los primeros!!! ¿Qué son? g)Un león muerto de hambre, ¿de qué se alimenta? h)Este banco está ocupado por un padre y por un hijo: El padre se llama Juan y el hijo ya te lo he dicho. i)Tengo cuatro patas y no puedo andar. Tengo cabecera y no sé hablar. ¿Quién soy? j)Un gallo sube a lo alto de la montaña y pone un huevo. Si el viento sopla de Este a Oeste. ¿Hacia dónde caerá el huevo?
Veña a pensar, son moi sinxelas e non vale con axuda! Ide comentando abaixo nos comentarios e poñede o voso nome para saber eu mellor quen escribe. Déixovos esta páxina que ten propostas moi divertidas. Tamén tendes distintas materias por se vos apetece facer algún exercicio de aí. Tamén hai o apartado PELÍCULAS PARA DOCENTES que son curtametraxes que eu utilizo moitas veces en valores e para ver en familia e comentar estan moi ben. Tamén hai MANUALIDADES. Non sei botade unha ollada, a mín gústame! Se vos animades a facer algunha podedes mandarme foto. http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/28-videos-con-ejercicios-fisicos-yoga-y.html
Aí vai o meu vídeo facendo exercicio, eu vivo nun piso pero teño a gran sorte de ter unha pequena terreza. Hai moitos de vós que vivides nunha casa e tendes un terreo onde xogar cada día, iso é fantástico! Que saibades que sodes uns afortunados porque hai moitísimos nenos e nenas que só teñen un balcón. Un bravo por todos eles e moito ánimo a todos e todas!!!
IMPORTANTÍSIMO MOVERSE TODOS OS DÍAS, ISO SÍ QUE É OBLIGATORIO! ;)
O pasado venres 21 de xuño festexamos a tan ansiada festa de fin de curso. Empezamos coa entrega de premios de Dinamización do tradicional concurso celebrado co gallo das Letras Galegas, " Que sabes de Antonio Fraguas". O elenco de afortunados foi o seguinte:
Inés Ferradás Verde de 3ºA:
Paula Freire Lores 3ºA
María Pastoriza Cordero 3ºB
Alexandra Lis Fazanes 3ºB
Mariña Fernández Calo 4ºA
Catalina González Cabodevila 4ºA
Noa Pastoriza Gutiérrez 4ºB
Andrea Cereijo Estévez 4ºB
A continuación seguimos coa entrega de agasallos por parte das profes de E.F. polos torneos celebrados nos recreos durante este curso escolar. Parabéns á clase de 4º B xa que acadaron o 1º premio.
Conseguiron tamén unha boísima clasificación o alumnado de 3ºB, que para ser o seu primeiro ano participando neste torneo acadaron a terceira posición:
Esa semana tamén participamos nunha exhibición de taekwondo na que participaron o alumnado do noso centro que realiza esa actividade. Fixéronno moi ben!
E para rematar a gran comilona que celebramos sempre ao rematar o curso escolar. En cada saída sempre nos sobra algo de cartos que empregamos ao final de curso para pagar as empanadas, bebidas e demais lambonadas que compramos para todos os rapaces e rapazas de 3º e 4º.
A semana pasada o alumnado de 4º A e 4º B fomos os padriños e madriñas do alumnado de 1º. Gozamos dunha sesión fóra moi divertida, onde compartimos un bonito conto. Moitos nenos e nenas de 1º tamén nos agasallaron coas súas lecturas. Ao rematar entregámoslle uns marcapáxinas e unhas ilustracións. Grazas rapaces e rapazas!
No segundo trimestre en 4º B traballamos o proxecto da Prehistoria e enlazando con este, continuamos coas distintas civilizacións. Tras a habitual asamblea cada equipo escolleu unha civilización antiga para indagar sobre ela. Escolleron Exipto, Grecia, Roma e a civilización Castrexa. Trouxeron libros da casa, buscamos información nos libros da biblioteca e nos ordenadores.
Voluntarios que quixeron expoñer eles sós; Clara, Jaime, Noara e Xián. Facer unha mención especial a Xián, a súa evolución na exposión oral foi incríble, porque é un neno moi tímido e nas primeiras exposicións o pasaba realmente mal. Moi ben campeón, foi unha exposición estupenda!! Todos os demais o facedes tamén moi moi ben!! Todos os equipos querían expoñer noutras aulas como facemos habitualmente pero por ser a derradeira semana foi imposible facelo polas numerosas actividades nas que participaban o resto dos cursos.
E tras as marabillosas exposicións orais chegou o momento da súa AUTOAVALIACIÓN, onde tiveron que valorar se cumprían todos os ítems da rúbrica deste proxecto e poñerse finalmente unha nota. Teño que dicir que coincidimos en moitas delas!