jueves, 24 de mayo de 2018

INDAGANDO SOBRE AS PLANTAS


Este trimestre aos alumnos de terceiro de primaria tocoulles estudar as plantas na materia de ciencias da natureza.  
Dende ben pequeniños os cativos están rodeados de natureza e tanto familias como docentes debemos fomentar e concienciar da importancia e necesidade de coñecer e coidar o medio ambiente.
Primeiramente estiveron nas aulas lendo e vendo vídeos sobre as características das plantas, as súas partes e formas de clasificalas. Tamén aprenderon como se alimentan e se reproducen.







Pero como non hai nada mellor que aprender  experimentando e observando no propio medio, o pasado xoves 10 de maio deron un paseo ao carón do río Bispo para contemplar in situ a propia natureza.
Durante o camiño viron as distintas herbas, arbustos e árbores que ían aparecendo: estraloques, botóns de ouro, salgueiros, bidueiros, estrugas, mentraste...  Comprobaron como varían os talos das plantas e cotexaron con outras diferentes. Tamén observaron plantas con flores e sen elas, coñeceron diferentes flores e as analizaron. Tamén colleron follas para inspeccionar os seus bordos  (liso, dentado e lobulado) e as diferentes formas que poden ter (redondeada, agulla, lanceolada, palmeada, triangular, redondeada...)











E como algúns dos terreos que bordean o río están cultivados, tamén se fixaron nos diferentes froitos que dá a terra: leitugas, chícharos, cebolas...  froitos que varían ao longo do ano dependendo da estación.
Xa ao final do camiño sentaron para cubrir unha ficha coa información recollida durante o sendeiro.
Tras isto, regresaron ao colexio e polo camiño seguiron vendo diferentes follas e flores.















XENIAL RAPACES E RAPAZAS!

lunes, 14 de mayo de 2018

PERCORRENDO O MUNDO


Este trimestre como ben sabedes, estamos inmersos no noso proxecto " A volta ao mundo", onde imos percorrer os monumentos máis importantes do noso planeta. 
Cada un dos nenos e nenas leva un tempo indagando sobre o monumento que lle tocou, descubrindo as súas curiosidades e peculiaridades. Pois ben, que mellor maneira de seguir aprendendo que da man dunha das mamás da nosa clase, Rocío, a mamá de Andrea. 
Rocío estudou Turismo e traballa nunha axencia de viaxes, facendo de guía turística en diferentes países, porque o lema da súa axencia é "Eu estiven alí". E vaia se estivo, moitos dos monumentos que nós estamos estudando, ela tivo a gran sorte de visitalo e contarnos un montón de curiosidades e anécdotas que non saen nos libros. Falounos de Exipto, das súas magníficas pirámides, da Esfinxe...de Camboia, de Vietnan, de Italia, de Kenia, de Croacia, de Arxentina... que difícil facer un percorrido por todos eles con tan pouco tempo!



Contounos que cando era nova estivo traballando de aupair en Estados Unidos e que aproveitaba cada fin de semana para percorrer os diferentes estados. 
 Tamén trouxo un montón de álbums, onde puidemos ver as diferentes marabillas que nos foi contando. 




Foi unha xornada estupenda para todos nós, porque aprendemos dunha forma moi dinámina e divertida as diferentes costumes dos outros continentes.




MOITAS GRAZAS ROCÍO! Foi un pracer escoitar todas as túas historias e aventuras! Que envexa de verdade!! ;)
Grazas polo teu tempo, pola túa axuda e por traernos un montón de material!! :)






domingo, 13 de mayo de 2018

AS RECEITAS DE 4º A

O produto final chegaba por fin. A idea era a seguinte, mentres un equipo cociñaba o resto terían que tomar nota. 
Fariamos polo tanto unha SHOW COOKING.
Despois na clase, coa dinámica de lapis ao centro, teriamos que redactar o texto da receita que viramos ou escribir a experiencia se eramos nós quen cociñara.







Por suposto, que o mellor desta actividade era o momento de comer. Que ben sabía todo! Somos uns expertos e expertas cociñeiras! 
O 1º equipo foi o das Cenoiras Xenerosas que elaboraron unha receita de paninis:
Saíronlle deliciosos.No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:


 
O segundo equipo foi o de As amistosas Estrelas Michelín, que fixeron unha estupenda ensalada de froitas. 
No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:


 O terceiro equipo foi o  de Lambetadas Xusticieras que elaboraron unha bica galega:
No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:



Foi despois o equipo de Tartaletas Solidarias que cociñaron un biscoito de chocolate con noces:

No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:


Chegou a quenda  do equipo de Superxeados tolerantes que fixeron un refrescante mousse de limón:
No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:




Finalizaron esta divertida e instrutiva actividade o equipo de Teteiras Respectuosas que realizaron unha apetitosa ensalada de queixo: 

No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:



APRENDIZAXE COOPERATIVA: PROXECTO DE ALIMENTACIÓN 4º DE PRIMARIA

Despois de todo un longo curso, non é nencesario volver repetir en que consiste o Proxecto integrador do centro.
Pois ben o alumnado de 4º A, despois de teren traballado durante o primeiro e segundo trimestre a pirámide nutricional, a roda alimenticia, nutrientes, alimentación sá e equilibrada e as enfermidades relacionadas con este tema, chegamos ao punto final, onde queriamos elaborar as nosas propias receitas.
Empezamos primeiro por elaborar o noso plan de equipo. Formamos equipos cooperativos, e primeiro elaboramos as normas:

Despois pasamos a elaborar os obxectivos que nos marcabamos, a repartir os cargos, ...




Discutimos cales ían ser os nosos nomes e on nosos logos. Este foi o simpático resultado.





Só nos quedaba poñernos mans á obra. Queriamos, para poder elixir e facer unha compra responsable, interpretar o que dicían as etiquetas dos produtos procesados. 
Co folio xiratorio, fomos destripando todo o que poñía. Un descubría que viña o prezo, outro o peso ou a cantidade, outro a lista de ingredientes ou valor nutricional, outro a orixe do alimento ou onde foi procesado, ... Rematamos cunha posta en común e entre todos completamos toda a información. O máis difícil foi entender o valor nutricional, pero nos valeron moito os coñecementos previos e ver algúns vídeos máis.
Con outras dinámicas, 1-2-4 ou lapis ao centro, cubrimos fichas para afianzar e asimilar mellor: 









O seguinte paso foi decidir por equipos que receita queriamos elaborar, redactala e facer a lista da compra. 






Antes de cociñar fomos mercar ao supermercado o que necesitabamos. Tiñamos que aplicar todo o que sabiamos. Preferiamos produtos de orixe galego que foran procesados aquí. Elixir a mellor relación precio con cantidade. Por suposto o que tivera os ingredientes máis saudables e con nomes intelixibles e o menos valor calórico...










Todo listo para empezar a cociñar. Estos son os pratos que dicidimos cociñar:
  • Cenoiras Xenerosas: PANINIS.
  • Amistosas Estrelas Michelín: ENSALADA DE FROITAS.
  • Lambetadas Xusticieiras: BICA GALEGA.
  • Tartaletas Solidarias: BISCOITO DE CHOCOLATE E NOCES.
  • Superxeados Tolerantes: MOUSSE DE LIMÓN.
  • Teteiras Respectuosas: ENSALADA DE QUEIXO.





VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...