O tempo quixo chafarnos o plan pero non puido con nós! Este martes, 18 de xuño, na mellor semana do ano, o alumnado de terceiro estabamos convocados para facer a ruta dos muíños do río FRADE, un afluente do río Bispo, por todos coñecido. Convidounos MARTÍN, o papi de María, alumna de 3ºA.
Que ben o pasamos! Martín fíxonos andar moito e por camiños moi escarpados, seguindo o cauce do río, onde están situados, claro está os muíños. Vimos moitos, pero só pudemos entrar en un, que estaba en estado ruinoso pero que era moi importante porque é propiedade do noso compañeiro Andrés, que tivo o honor de mostrárnolo.
Chegamos ata Meiro. A seguinte foto está sacada no famoso muíño do Millo Corvo.
Ata pisamos unha calzada real, que din que utilizaban os romanos para ir dende Pontevedra ata Cangas.
Este vídeo está cheo de fermosas imaxes que amosan o fantástico día vivido en plena natureza, respirando aire puro, lonxe dos pupitres e no que aprendimos infinidade de cousas ....
Por fin chegou o día! O mellor do ano sen dúbida ningunha!
O alumnado de terceiro e cuarto de primaria vistamos o castro de San Cibrao de Las, situado entre os concellos de Punxín e San Amaro e as termas de Outariz na cidade de Ourense. O 21 de maio, será unha xornada para manter na nosa memoria. No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:
Como xa vimos repitindo, este ano o noso colexio atópase inmerso nun proxecto sobre os DEREITOS HUMANOS. Un dos Dereitos que máis vimos salientando é o Dereito a ser diferentes, así que nas aulas estamos lendo "DOWN" de Ann alfaya. Este libro fíxonnos espertar a curiosidade sobre as DISCAPACIDADES INTELECTUAIS, polo que cando nos enteramos que iamos visitar o Centro de Educación Especial Juan XXIII de Pontevedra, levamos unha gran alegría.
Non queriamos ir alí coas mans baleiras así que como estabamos no comezo da primavera puxémonos inmediatamente a confeccionar unhas flores con plastilina:
Convertíronse logo nestes fermosos broches:
Despois metémolos dentro duns sobres que tamén decoramos e ... listos para agasallar!
O xoves, 21 de marzo, viñeron ao noso cole Raquel, mestra do centro, e Sergio e Juan, alumnos do mesmo. Contáronnos que era a diversidade, en que consistía a discapacidade intelectual e como querían ser tratados. Sergio contounos ademais como de pequeniño foi maltratado por outros nenos no colexio no que estaba e o mal que se sentiu.
Este primeiro contacto serviunos para estar concienciados e, así de preparados, nos presentamos no Centro pontevedrés o luns, 25 de marzo. Alí, tras ver un vídeo no que se nos mostraba a labor que a fundación Juan XXIII vén facendo dende hai 50 anos, visitamos as instalacións.
Fomos primeiro ás aulas dos pequenos. Despois visitamos a parte onde estaban os maiores traballando. Comprobamos como encuadernaban cadernos e libros paso a paso, como fabricaban fregonas que ían ser vendidas posteriormente nos supermercados, fomos á sala de estimulación sensorial e ata vimos a piscina.
.
Quedamos tan gratamente impresionados que algún de nós calificou esta experiencia como a mellor da súa vida. O que temos clarísimo é o gran respecto que estas persoas merecen e a nosa admiración por todo o que son capaces.
Neste vídeo poderedes ver máis polo miudo o acontecido nesta inesquecible xornada.
O pasado 23 de xaneiro, o alumnado de terceiro visitamos a cidade de Vigo. Tras deixarnos o autobús NA PORTA DO SOL, sacámonos esta foto de grupo diante do famosísimo DINOSETO.
Seguindo os pasos da profe Bea, que se coñece Vigo ao dediño porque é natural desta cidade, metémonos dentro do casco histórico, pasando por debaixo dun arco da antiga muralla. Alí fomos conscientes da diferenza coa cidade nova, pois as casas eran todas de pedra e baixas e as rúas máis estreitas.
Pasamos pola prazas da Princesa e da Constitución. Vimos a Concatedral co seu reloxo de Sol e o Olivo, símbolo de Vigo, diante da súa fachada.
Impresionounos estar diante da casa, onde hai máos de 150 anos,, cando era unha imprenta, se editou o primeiro exemplar de CANTARES GALLEGOS, de ROSALÍA DE CASTRO. As profes faláronnos con emoción da ilustre escritora galega e nós sentímonos orgullosos de coñecer este lugar.
Despois de merendar dirixímonos a NATURNOVA, debemos dicir que nos encantou todo: O submariño, a sala do Universo, a do planeta Terra e a do home e o seu medio. Gozamos escoitando aos guías que nos foron explicando todo de xeiro moi entretido pero sobre todo nos gustou, poder tocar, manipular, experimentar por nós mesmos.
Antes de rematar esta crónica, queriamos dar as grazas a Raquel, profe de prácticas do noso cole cando estabamos en Educación Infantil, pois tivemos o honor de contar coa súa presenza neste inesquecible día.
O pasado 8 de maio, os nenos e nenas de 4º de primaria fomos visitar a capital de Galicia:
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ao chegar acudimos ao MUSEO DO POBO GALEGO.
Alí separámonos en tres grupos e realizamos un xogo de pistas que nos axudou a coñecelo dunha forma lúdica. Chamáronnos a atención as seccións da música, dos oficios, das vivendas, do mar, ...
Pero o máis impresionante foi a escaleira helicoidal triple. Por elas tiñamos que subir e baixar continuamente se queriamos responder as cuestións que se nos plantexaban.
Os que rematamos rápido fomos a capela de Santo Domingo de Bonaval, e alí vimos o panteón de galegos ilustres, onde están enterrados, entre outros, ROSALÍA DE CASTRO E CATELAO.
Fomos, logo, merendar na fermosa Praza da Quintana para posteriormente entrar uns minutiños na grandiosa CATEDRAL DE SANTIAGO, onde lle demos a tradional aperta ao Apostolo. Sorprendeunos a cantidade de xente que había de todas as nacionalidades.
Ao saír dirixímonos á PRAZA DO OBRADOIRO. Que bonita é a fachada principal da catedral! Agora xa está practicamente restaurada. Sacámonos unha foto no centro mesmo da praza, onde chegan os peregrinos ao final do seu camiño.
Pero o mellor estaba por chegar! Tocaba subirse no TREN TURÍSTICO que nos levaría polas principais rúas da cidade, mentres unha guía, ía dando explicacións! A verdade é que case ningún de nós escoitou nada do que dicía porque estabamos demasiado excitados.
Cando baixamos do tren, todos estabamos desexando ir xantar, e así foi. Despois dunha boa caminata chegamos ao parque de VISTA ALEGRE. Comemos nun periquete e a xogar. Que ben o pasamos!
Pola tarde, quedábanos a mellor das sorpresas:
O MUSEO DE HISTORIA NATURAL!
Creo que non houbo ningún de nós que non quedara impresionado. Dani, o noso guía, dounos unha clase moi instrutiva sobre animais vertebrados e invertebrados, sobre plantas, cogomelos, sobre hábitas galegos, sobre minerais e sobre ecosistemas.
No seguinte vídeo poderedes ver unha boa galería das fotos da xornada: