sábado, 24 de noviembre de 2018

EXPERIMENTO: COMPROBAMOS QUE AS PLANTAS SE RELACIONAN CO MEDIO

O alumnado de cuarto atópase inmersa nun proxecto sobre os seres vivos.  
Entenderon moi ben que todo ser vivo ten que realizar as funcións de nutrición, reprodución  e relación.
Foi esta última función a que máis lle custou entender para o grupo das plantas. As profes propuxéronlle facer un experimento
1º Traer unha planta da casa.
2º Colocala ao lado da ventá. Un día abriríamos a persiana da esquerda e ao día seguinte á da dereita.
3º Comprobar se as ramas e as follas da plantas se movían buscando a luz solar.



Sacar a conclusión de que as plantas se relacionan co medio porque buscan a luz solar. 

domingo, 11 de noviembre de 2018

MAGOSTO PASADO POR AUGA

O pasado 6 de novembro, celebramos no noso cole o tradicional Magosto. 

Non contabamos con que A CICLOXÉNESE BEATRIZ, ía ter ese día precisamente, o seu peor momento na nosa terra. Estabamos en ALERTA LARANXA, fortes ventos e chuvia incesante.
Non puidemos  saír  ao patio e gozar dos xogos tradicionais, pero si que degustamos o prezado manxar, uns nas aulas e outros no  corredor.
ESTABAN DELICIOSAS!




domingo, 4 de noviembre de 2018

A CONQUISTA DO ESPAZO

O alumnado de terceiro están comezando a dar os seus primeiros pasos como investigadores. Comezaron o curso facendo un proxecto sobre o espazo, especialmente sobre o sistema solar. fixeron actividades diversas, pero sen dúbida a que máis lle gustou foi a de investigar a personaxes importantes da conquista do espazo
Cada equipo:
1º Buscou información.
2º Organizou e selecciou o material gráfico recollido.
3º Pegouno nun mural.
4º Preparou a exposición.
5º Expuxo para toda a clase.
As seguintes fotos mostran o momento na que os distintos equipos transmitían os seus coñecementos aos seus compañeiros e compañeiras.
 INVESTIGARON A ALEXEI  LEONOV
 INVESTIGARON A YURY GAGARIN
 INVESTIGARON A VALENTINA TERESHKOVA
 INVESTIGARON A LAIKA
 INVESTIGARON A PEDRO DUQUE
INVESTIGARON A NEIL AMSTRONG

viernes, 2 de noviembre de 2018

OS DEREITOS HUMANOS NO SAMAÍN 2018

O noso cole volveuse encher de terroríficas cabazas de Samaín
Un ano máis, queremos agradecer ás familias o esforzo realizado. Esta vez non era nada doado, pois e se lle pedía aunar Samaín e Dereitos Humanos. 
O resultado coma sempre, insuperable!


Algúns de nós, quixemos vir disfrazados, outros só pintados e outros nin unha cousa nin a outra o día 31 de outubro. De todos xeitos todos nos sacamos a foto na exposición de casbazas.

3º B
4ºB
4ºA
3ºA
Este mural que ocupa a parede principal dende entón,  todo o alumnado do centro ten a súa aportación.
Trátase dun acróstico decorado de xeito terrorífico,
TEMOS DEREITO A: SORRIR, FALAR, AMAR, XOGAR, IMAXINAR E APRENDER.

Aos nenos e nenas de terceiro e cuarto, tocounos decorar as letras e as cabazas de amar e xogar.
 

 
Nas aulas fixéronse léronse contos, lendas, cantáronse cancións e  fixéronse traballos plásticos:.







VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...