martes, 19 de junio de 2012

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

As vacacións están aí. Seguro que todos temos un montón de plans, pero o que máis desexamos é descansar e desconectar un pouco das rutinas escolares. Poderemos erguernos máis tarde, saír a xogar, gozar da familia e dos amigos, ir á praia, .... Porén hai algo que non sabe de estacións, de calor ou frío. Ese algo é a lectura. Ler sempre senta ben e en vacacións aínda máis. A continuación tedes unha extensa guía de libros que dende o bibliocastelo nos propoñen e que dunha maneira o outra podedes intentar acadar. Lembrade que este verán tedes a ocasión de levar  ata dez volúmes da noso bibliocastelo e que podedes facervos socios da biblioteca escolar.



lunes, 18 de junio de 2012

APADRIÑAMENTO LECTOR

Valeu a pena esperar. Hoxe o tempo acompañounos e por fin puidemos celebrar o apadriñamento lector.
 O alumnado de 4º apadriñamos aos nosos compañeiros do 1º  nivel de Educación primaria. Houbo Junie B. Jones, piratas, Bolechas, princesas, soños, aventuras, misterio, ... pero sobre todo houbo ilusión e moi bo ambiente. Estamos seguros que hoxe naceron novas amizades.  Para rematar fixemos varios xogos no patio do cole.
FOI UN DÍA INESQUECIBLE!



EXPOSICIÓN EN E. INFANTIL

O pasado xoves, 14 de maio, os nenos e nenas do 2º ciclo, tivemos a sorte de ser invitados polo alumnado do 5º ano de Educación Infantil a visitar a exposición de pintura no ximnasio do centro.
 OS ARTÍSTAS PREPARADOS PARA EMPEZAR A EXPOSICIÓN
 DE UN EN UN OU POR PARELLAS FORON PRESENTANDO AS OBRAS
 ALGUNHA DAS OBRAS FEITAS POLOS PEQUENOS
 ADMIRANDO OS TRABALLOS


 ALGÚN DE NÓS SAUDANDO ÓS NOSOS IRMÁNS
 FACENDO AMIGUIÑOS
 UNHA VISIÓN XERAL DAS OBRAS  DE ARTE
TIVEMOS A SORTE DE INAUGURAR 
Puidemos comprobar que non soamente son uns auténticos artistas senón que tamén son uns expertos coñecedores de arte Eles mesmos foron facéndonos a presentación. Explicáronnos as profes, Toñi e Lucía, que esta exposición é a culminación dun proxecto levada a cabo durante todo o ano, na que cada letra do abecedario correspondíase cun artista.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...