viernes, 23 de febrero de 2018

DIA DE ROSALÍA


24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro cúmprense 181 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poetisa galega por excelencia e unha das escritoras máis importantes do mundo. 
Para celebralo, todo o alumnado do noso cole preparou o recitado dun poema extraído do libro "Cantares Gallegos". A obra elixida fálanos de boliños de pote, de sopas de viño ou de papas de leite, así que nos veu de perlas para o noso proxecto de alimentación. O alumnado de terceiro e cuarto de primaria, non ía ser menos.
Non perdades a ocasión de comprobar o ben que recitan.



Terceiro de primaria

Cuarto A  primaria



Cuarto B  primaria

jueves, 22 de febrero de 2018

lunes, 19 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018





 


UN SABOROSO ENTROIDO

 Co gallo do noso proxecto anual "UNHA ENCHENTE DE LIBROS", o tema do noso entroido tiña que ser algo saboroso, polo que en 3º pensamos en ir de peixiños e en 4º de camareiros e camareiras. 
Un ano máis saímos a percorrer as rúas de Bueu ata chegar ao concello, onde cantamos as distintas cantigas na carpa que había instalada na praza.

































CANTIGA DE 3º e 5º
CANTIGA DE 4º E 6º
A volta degustamos os productos típicos desta época: chulas, filloas, orellas....

 
Foi unha xornada de troula e diversión, se queres ver o ben que o pasamos ese día podedes ver o seguinte vídeo elaborado pola nosa compañeira Lina.







jueves, 8 de febrero de 2018

VISITA DE GONZALO MOURE

Resultado de imagen de palabras de caramelo
Este é o libro que nos namorou este curso a todo o alumnado de cuarto. A historia de kori e o seu cameliño Caramelo chegounos directamente o corazón e miles de emocións desbordáronse sen control. 
O culpable de que isto sucedese chámase GONZALO MOURE, autor deste preciosa historia ambientada nun campo de refuxiados no deserto do Sahara.
Pois ben, o pasado mércores, 7 de febreiro, tivemos a sorte de que el, en persoa, viñera ao noso cole.



Falounos do seu amor polo pobo saharaui. Contounos como unha pequena nena xorda, chamada Fatimetsu, foi a fonte de inspiración para escribir este fermoso libro. Respondeu a canta pregunta lle fixemos, satisfacendo a nosa curiosidade e finalmente asinou os exemplares da novela, que, ben podedes ter por  certo, gardaremos, con todo agarimo, nos andeis das nosas casas.
Mediante as instantáneas colocadas no vídeo poderedes observar como transcorreu a xornada. 



miércoles, 7 de febrero de 2018

TEI



O programa TEI (Titoría entre iguais), é un programa de convivencia institucional que implica a toda a comunidade educativa. O seu obxectivo é mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias. 

O alumnado de 5º de primaria do noso centro, exercerá como titores dos seus compañeiros de 3º. O pasado venres fixemos unha xornada de convivencia no noso patio escolar. O obxectivo era presentar a todo o alumnado entre eles e coñecerse mellor. Falamos do respecto, da empatía e do compromiso de todos e todas para un bo funcionamento de dito programa. 
En ningún o caso o programa TEI pretende ser a solución a todos os problemas de convivencia do centro, porén é unha boa estratexia para a xestión e resolución de conflictos entre iguais.

E tras unha pequena presentación, realizamos un xogo cooperativo moi divertido con aros. 














MIRADE QUE BEN O PASARON!





ESTIVO XENIAL!

martes, 6 de febrero de 2018

A PAZ


 
Este é o mural que enche a parede da entrada do colexio. O lema  transmite un precioso desexo:
"ALIMENTA O TEU CORAZÓN PARA QUE MEDRE EN PAZ "
O alumnado de terceiro e cuarto, traballamos nas aulas as palabras: IGUALDADE, EMPATÍA, XUSTIZA E ENTENDEMENTO E as decoramos para que formaran parte deste fermoso póster.

3º A
 3ºB
 4ºA
 4ºB
O pasado martes 30 de xaneiro todo o alumnado do CEIP A PEDRA  conmemorou o día da PAZ e DA NON VIOLENCIA.
Comezamos este día saíndo ao patio para cantar cancións en distintas linguas, GALEGO, C ASTELÁN, INGLÉS e o alumnado de sexto deleitounos cunha peza en FRANCÉS. Ademais todos e todas levamos un colgante co símbolo da paz, que previamente fixeramos nas aulas.


 
Antes de volver ás clases soltamos unhas pombas que varios compañeiros de infantil e primaria trouxeran.




Cando o alumnado de infantil regresou ao seu centro, os nenos e nenas de primaria dirixímonos ás nosas aulas, onde nos esperaba un sorprendente banquete. Había tres mesas tapadas: Unha grande, outra mediana e a última pequena. Enriba de cada mesa nunhas clases, ou no encerado noutras, estaban escritos o nome dos países que investigaramos. Este detalle indicounos cal era o noso lugar. 
SENTÁMONOS E ...



... AO LEVANTAR O MANTEL DESCUBRIMOS!
 NA MESA GRANDE SÓ HABÍA PAN E AUGA!
NA MESA MEDIANA HABÍA ALGÚN ALIMENTO MÁIS
NA  MESA PEQUENA MOITÍSIMA COMIDA PARA SÓ CATRO PERSOAS!

Que estaba pasando? Pronto nos decatamos de que se trataba do reparto desigual da riqueza no mundo.
PAÍSES POBRES/ PAÍSES EMERXENTES/ PAÍSES RICOS
 Non faltaron as bágoas pola inxustiza. Houbo un caso especialmente significativo no que unha nena que estaba situada nos países pobres era  intolerante ao gluten polo que non puido probrar alimento.




 Fomos capaces de expresar como nos sentiamos e esas palabras que traballaramos nos días previos tomaron sentido
IGUALDADE: Que o alimento se reparta por igual.
EMPATÍA:  Ao poñernos no lugar deses nenos e nenas da nosa idade que non teñen que comer.
XUSTIZA: Loitando por un reparto xusto. Non hai dereito que a uns poucos lles sobre e que haxa unha gran maioría que non teñan que comer.
ENTENDEMENTO: Entre os que dirixen o mundo para que non lle falte que botar á boca  a todas as persoas.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...