martes, 6 de febrero de 2018

A PAZ


 
Este é o mural que enche a parede da entrada do colexio. O lema  transmite un precioso desexo:
"ALIMENTA O TEU CORAZÓN PARA QUE MEDRE EN PAZ "
O alumnado de terceiro e cuarto, traballamos nas aulas as palabras: IGUALDADE, EMPATÍA, XUSTIZA E ENTENDEMENTO E as decoramos para que formaran parte deste fermoso póster.

3º A
 3ºB
 4ºA
 4ºB
O pasado martes 30 de xaneiro todo o alumnado do CEIP A PEDRA  conmemorou o día da PAZ e DA NON VIOLENCIA.
Comezamos este día saíndo ao patio para cantar cancións en distintas linguas, GALEGO, C ASTELÁN, INGLÉS e o alumnado de sexto deleitounos cunha peza en FRANCÉS. Ademais todos e todas levamos un colgante co símbolo da paz, que previamente fixeramos nas aulas.


 
Antes de volver ás clases soltamos unhas pombas que varios compañeiros de infantil e primaria trouxeran.




Cando o alumnado de infantil regresou ao seu centro, os nenos e nenas de primaria dirixímonos ás nosas aulas, onde nos esperaba un sorprendente banquete. Había tres mesas tapadas: Unha grande, outra mediana e a última pequena. Enriba de cada mesa nunhas clases, ou no encerado noutras, estaban escritos o nome dos países que investigaramos. Este detalle indicounos cal era o noso lugar. 
SENTÁMONOS E ...



... AO LEVANTAR O MANTEL DESCUBRIMOS!
 NA MESA GRANDE SÓ HABÍA PAN E AUGA!
NA MESA MEDIANA HABÍA ALGÚN ALIMENTO MÁIS
NA  MESA PEQUENA MOITÍSIMA COMIDA PARA SÓ CATRO PERSOAS!

Que estaba pasando? Pronto nos decatamos de que se trataba do reparto desigual da riqueza no mundo.
PAÍSES POBRES/ PAÍSES EMERXENTES/ PAÍSES RICOS
 Non faltaron as bágoas pola inxustiza. Houbo un caso especialmente significativo no que unha nena que estaba situada nos países pobres era  intolerante ao gluten polo que non puido probrar alimento.




 Fomos capaces de expresar como nos sentiamos e esas palabras que traballaramos nos días previos tomaron sentido
IGUALDADE: Que o alimento se reparta por igual.
EMPATÍA:  Ao poñernos no lugar deses nenos e nenas da nosa idade que non teñen que comer.
XUSTIZA: Loitando por un reparto xusto. Non hai dereito que a uns poucos lles sobre e que haxa unha gran maioría que non teñan que comer.
ENTENDEMENTO: Entre os que dirixen o mundo para que non lle falte que botar á boca  a todas as persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...