Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA CIENCIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA CIENCIA. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de noviembre de 2015

INVESTIGANDO ENFERMIDADES


O pasado mércores celebrouse o día da ciencia en galego.
A comunidade escolar do noso centro amosa, como cada ano, o seu compromiso tanto coa nosa lingua como coa ciencia realizando durante todo o mes diferentes actividades científicas. 
Os primeiros en empezar foron as alumnas e os alumnos de cuarto que, tras un rigoroso traballo de investigación sobre diversas enfermidades adicaron toda a semana a exposición dos seus proxectos.
Así todo alumnado puido coñecer:
·        Nome común e científico
·        Historia (descubrimento, épocas de maior virulencia, situación actual)
·        Síntomas
·        Órganos, aparatos ou sistemas aos que afecta.
·        Tratamentos para curalas ou para frear o seu avance.
·        Consellos para previlas (hábitos saudables, vacinas).
Álvaro e María investigaron sobre a Asma e a Obesidade.
 Gabri sobre a Gripe A e Jonathan  sobre a Varíola.
 Iago sobre a enfermidade  das  Vacas Tolas e Iria sobre a Dermatite

Xandre sobre o Ébola e Jorge sobre a Diabetes.
 Martiño sobre a Rubéola e Aroa sobre a Apendicite.
Noa sobre o Parkinson  e Laura Corredoira sobre o Alzheimer.
 Brais sobre a Hepatite e Martín sobre o Infarto.
 Nerea sobre a Bronquite e Brian sobre a Artrose.
Laura Boubeta sobre a Enfermidade do Bico e Ari sobre a Cistite.
 Lauar Brocos sobre a Poliomielite e Roi sobre o Sarampelo.
Espe investigou sobre o Glaucoma e Marcos sobre o Tiroidismo


Ademais Jorge, agasollou a todos cun fermoso vídeo sobre a entrevista que lle fixo a súa curmá Patricia que padece Diabetes. Grazas a esta encantadora xovenciña puidemos aprender dunha forma moi sinxela en que consiste esta enfermidade.
GRAZAS PATRICIA POR ESTE ACTO DE XENEROSIDADE!



Helena, de 4º B, tamén tivo a boísima idea de facerlle unha entrevista, a profesionais e pacientes que integran a  " Asociación Parkinson" de Bueu. Novamente volvemos a agradecer a estas persoas que tan amablemente nos abren os seus corazóns para que poidamos coñecer e entender esta enfermidade que lle afecta a tantas persoas.
GRAZAS!

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...