O mes de maio é, xa por tradición o mes das LETRAS GALEGAS, así que as actividades que teñen co ver co fomento do uso e o amor pola nosa lingua sucédense sen tregua.
Este ano o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto tivemos a sorte de baixar, o pasado venres 11 de maio, ao Centro Social do Mar, para ir ver: CASTELAO DE CHUMBO A VERBA.
Só dicir que nos encantou o filme e tamén coñecer ao seu director Miguel López.
Se queredes ter máis información sobre este acontecemento clicade na foto e accederedes ao blog de Dinamización Lingüística.
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
sábado, 12 de mayo de 2018
domingo, 4 de junio de 2017
MAIO: CARLOS CASARES E LETRAS GALEGAS
O alumnado do terceiro e cuarto vimos de gozar, igual que todo o alumnado do colexio, dun intenso mes dedicado á figura de CARLOS CASARES, e as LETRAS GALEGAS en xeral.
Un gran mural preside a entrada do noso centro, homenaxeando ao autor ourensán e a súa obra infantil máis coñecida.
Ao lado do gran mural, atópanse as preguntas do concurso QUE SABES DE ..., onde cada semana aparece unha nova pregunta.
Para coñecer mellor ao escritor laureado este curso, recibimos o día 11 de maio a visita de O BARDO ABELARDO, que acompañado do seu acordeón contounos dun xeito moi ameno a vida e a obra de Casares, á vez que nos fixo cantar e bailar.

Ese mesmo día, fomos ao Centro Social do Mar a ver a obra de teatro: A GALIÑA AZUL, representada dun xeito maxistral por Ana Carreira e Manu Polo.

Asemade o pasado 29 de maio, volvemos baixar ao Centro Social do Mar para ver O MUNDO DE CARLIÑOS, espectáculo de monicreques de Luís Vallecillo.

Porén, o mellor día de todos foi o 16 de maio, data na que no cole celebramos O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto empezamos moi pronto a festa coa visita de BENXAMÍN MÍGUEZ, que nos fixo unha entretida función de animación á lectura.
Despois do recreo, reunímonos todos os alumnos e alumnas do CEIP P. A PEDRA no patio cuberto para conmemorar todos xuntos o día máis importante da nosa lingua.
O alumnado de cuarto, acompañados por quinto e sexto, interpretamos coa nosa frauta O HIMNO GALEGO.
A continuación, fomos ler o que cada aula escribimos sobre a figura de Casares:
3ºA
3ºB
4ºA
4ºB
Aproveitamos a xornada, para homenaxear tamén a EDUARDO PONDAL, pois este ano cúmprense 100 anos do seu pasamento. Con tal fin todo o colexio erguémonos e moi solemnemente cantamos unidos O HIMNO GALEGO.
Tivemos a sorte de estar acompañados por algún dos membros do grupo de gaitas MANXADOIRA.
Ao final do acto, agasalláronnos con algunha peza máis. Dende este blog queremos expresar o noso enorme
AGRADECEMENTO!
sábado, 28 de mayo de 2016
XIRA KAMISHIBAI
O mes de maio, foi este ano, moi especial para o alumnado de terceiro e cuarto grazas ao Kamishibai sobre a vida e obra de Manuel María.
Como xa informamos, o día 13 de maio, puidemos expoñer o traballo a todo o alumnado do colexio. Os de terceiro cos pequenos e pequenas de Educación Infantil e os de cuarto co alumnado de primaria.
Como xa informamos, o día 13 de maio, puidemos expoñer o traballo a todo o alumnado do colexio. Os de terceiro cos pequenos e pequenas de Educación Infantil e os de cuarto co alumnado de primaria.
3ºA co alumnado do sexto ano de Infantil.
3ºB co alumnado de 5º de Infantil
4º A cun grupo de primaria na biblioteca do cole.
4ºB cun grupo de primaria no bibliocastelo
Despois da celebración das Letras galegas no cole e ante o éxito obtido, fomos invitados polo Concello de Bueu á entrega de premios de poesía "Joham Carballeira" no Centro social do Mar, o domingo 15 de maio.
So cinco, puidemos asistir, María, Gabri, Iago, Xandre e Aroa.
Encantounos e aplaudíronnos un montón!
Entrega de premios "Joham Carballeira" .Centro Social do Mar.
O mércores, 18 de maio, tocounos a quenda do alumnado de 4ºB, que acudimos ao Centro de día "Andoriña". Foi moi emocionante!
4ºB no Centro de Día Andoriña de Bueu.
O xoves 19, fomos os de 4ºA os encargados de levar a vida e obra do escritor chairego ao Centro Parquinsón de Bueu. Volvemos a ter a sorte de atoparnos cun público do máis agradecido.
4ºA no Centro Parquinsón de Bueu.
O Venres 20, os alumnos e alumnas de 3º B fomos ao outro centro de Día que hai en Bueu: "Pescadoira".
Outra vez fomos recibidos por un público totalmente entregado que ademais nos agasallou cunhas cancións cando rematamos.
4ºB no Centro de Día Pescadoira.
Foi este pasado xoves, 26 de maio, no IES Joham Carballeira, onde o alumnado de 4ªA fixo o último pase, ante rapaces e rapazas de 2º de ESO.
4ºA no IES Joham Carballeira.
lunes, 16 de mayo de 2016
KAMISHIBAI MANUEL MARÍA
Nos seguintes vídeos poderedes visualizar como o
alumnado de terceiro e cuarto utilizando a técnica xaponesa do Kamishibai contámoslle a diferentes grupos a vida e a obra de Manuel María.
Neste primeiro é o alumnado de 4ºA quen conta a vida e obra de Manuel María e recita algún dos seus poemas para os seus compañeiros e compañeiras na biblioteca do cole
No seguinte é o alumnado de 4ºB quen fai uso do Kamishibai, no centro de Día Andoriña de Bueu.
Neste video podedes ver ao alumnado de 3ºB no centro de día de Pescadoira. Grazas por recibirnos!
Os nenos e nenas de 3ºA estivemos visitando ao alumnado do noso centro de educación infantil. Fixemos dúas sesións, unha cos de 3 aniños e outra cos de 5 anos. Pasámolo moi ben!

A primeira sesión que fixo o alumnado de 3ºB co Kamishibai, foi aos nenos e nenas de 4 anos de educación infantil.
Neste video podedes ver ao alumnado de 3ºB no centro de día de Pescadoira. Grazas por recibirnos!
As mulleres que visitamos dedicáronnos tamén unhas cancións, e que ben o fixeron!
Ao rematar a visita tiñan unha sorpresa preparada para os nenos e as nenas. Disfrutaron un montón co agasallo e coa compañía. Grazas de novo!
Os nenos e nenas de 3ºA estivemos visitando ao alumnado do noso centro de educación infantil. Fixemos dúas sesións, unha cos de 3 aniños e outra cos de 5 anos. Pasámolo moi ben!
LETRAS GALEGAS 2016
Este ano o día das letras galegas dedícase ao escritor chairego Manuel María.
Temos que dicir que hai anos que non se goza tanto dun autor como o fixemos nesta ocasión.
A entrada do cole está dende hai uns días presidida por un impresionante mural "Soñando Galicia". Todas as aulas, dende infantil ata o último ano de primaria temos posto nel o noso gran de area.
Ao alumnado de terceiro tocounos ilustrar a poesía de
O Labrego, O Afiador, a O Muíño e a A Muiñeira.
todos estes poemas están icluídos dentro do libro "Os soños na Gaiola".as imaxes van acompañadas dunha estrofa do poema que representan

Todo o alumnado foi agasallado cun pin co lema "O galego está en nós"que este ano identifica ao Correlingua. A chapa foi deseñada por María Xosé Ares, mestra do IES Joham Carballeira.
O 13 de maio foi o día elixido polo noso centro para a celebración do Dia das letra galegas. Os actos centráronse na visualización dun audiovisual "Vivindo en Galego" elaborado por equipos de Normalización e dinamización Lingüística do Morrazo, onde distintos profesionais explican porque o idioma galego é a súa lingua.
O alumnado de terceiro e cuarto fomos os encargados da outra parte da celebración. Coa axuda do Kamishibai contámoslle aos nosos compañeiros e compañeiras a vida e a obra de Manuel María. Amenizamos a historia intercalando o recitado dalgún poema para rematar cantando todos xuntos a canción de O Cuco.
O alumnado de 4ºB acudiu o mércores 18 de maio ao centro de día "Andoriña"de Bueu onde intentaron que as persoas maiores que alí estaban coñeceran a Manuel María. Tiveron a sorte de vir ademais cun bonito agasallo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
Este curso estamos a facer un novo proxecto, chamado "Medrando en Valores". Na páxina da biblioteca do centro tendes o enlace. Al...
-
Con motivo do día da Paz, o 30 de xaneiro, estivemos facendo un traballo de investigación sobre as ONGs. Así cando recibimos a visita da Cru...