Mostrando entradas con la etiqueta ROSALÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ROSALÍA. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de febrero de 2019

ROSALIANDO DEREITOS

Este ano volvemos recitar a nosa escritora máis ilustre para conmemorar o día do seu nacemento. Quixemos buscar un poema que tivera que ver cos DEREITOS HUMANOS, e a verdade que foi moi doado, porque ROSALÍA, foi unha muller loitadora que denunciou as inxustizas, como temos que seguir facendo na época actual. o poema elixido foi: "PRA HABANA" incluído no libro CANTARES GALLEGOS.
Cada clase o fixo dun xeito:










viernes, 24 de febrero de 2017

ROSALÍA

Tal día coma hoxe, o 24 de febreiro de 1837, nacía en Santiago de  Compostela, Rosalía de Castro. Cumpriría, polo tanto, 180 anos.
O noso colexio, non quixo deixar pasar  por alto  a ocasión de homenaxear a nosa amada poetisa e para deixar constancia o alumnado do centro recitou un dos seus máis fermosos poemas “Adios Ríos , adios fontes” incluído dentro do libro de Cantares gallegos.
O alumnado terceiro e cuarto puxemos o nos gran de area recitando as estrofas que nos corresponderon. Antes coloreamos e recortamos a careta da autora galega.

Adios Virxe da Asunción,

branca como un serafín;
lévovos no corazón:       
Pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.

 
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,     
nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...     
¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!



¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.


O alumnado desta etapa tivemos tamén o honor de rematar o poema.
 Non me olvides, queridiña,

si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...       
¡Miña casiña!,¡meu lar!

Foi unha experiencia moi bonita que quedou reflectida neste fermoso vídeo.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...