Tal día coma hoxe, o
24 de febreiro de 1837, nacía en Santiago de Compostela, Rosalía de
Castro. Cumpriría, polo tanto, 180 anos.
O noso colexio, non
quixo deixar pasar por alto a
ocasión de homenaxear a nosa amada poetisa e para deixar constancia o alumnado
do centro recitou un dos seus máis fermosos poemas “Adios Ríos , adios fontes”
incluído dentro do libro de Cantares
gallegos.
O alumnado terceiro e cuarto puxemos o nos gran de area recitando as
estrofas que nos corresponderon. Antes coloreamos e recortamos a careta da autora
galega.
Adios Virxe da Asunción,
branca como un serafín;
lévovos no corazón:
Pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!,
coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!
¡Adios tamén,
queridiña!...
¡Adios por sempre
quizais!...
Dígoche este adios
chorando
desde a beiriña do mar.
O alumnado
desta etapa tivemos tamén o honor de rematar o poema.
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!,¡meu lar!
Foi unha experiencia moi bonita que quedou reflectida neste fermoso vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario