A semana non puido empezar mellor!
O luns 6 de febreiro, nada máis entrar no cole, dispúxenos a marchar. Estaban xa,
os buses esperándonos para levarnos a Pontevedra.
O primeiro que fixemos ao chegar á capital, foi ir á sede de Afundación.
Alí gozamos coa obra de Sandra e Meirol en Xistralia. Cantamos, bailamos, fixemos percusión e rímos a escachar. Algún neno e nena de cuarto tivo tamén o honor de subir ao escenario e participar na representación.
Alí gozamos coa obra de Sandra e Meirol en Xistralia. Cantamos, bailamos, fixemos percusión e rímos a escachar. Algún neno e nena de cuarto tivo tamén o honor de subir ao escenario e participar na representación.
Cando saímos, todos estabamos desexando comer algo, así que as profes decidiron levarnos a unha alameda.
Rematamos o día visitando unha exposición de viñetas do artista buenense LUÍS DAVILA, no edificio da Deputación de Pontevedra.
Ao saír, sacámonos unha foto, nas escaleiras deste espectacular edificio. Mirade cantos eramos!
E…. por sorpresa! o pasado
xoves, 9 de febrero, despois do recreo, esperábanos no bibliocastelo, Raquel
Queizás, unha fantástica contacontos traída
pola editorial SM, por ter elixido “As fadas verdes”, como libro de lectura en
galego.
Queliña, que así nos pediu
que a chamáramos, contounos primeiro a lenda china de por que os tigres teñen
raias. Conseguiu que ríramos e participáramos activamente.
Contounos, a
continuación, a lenda peruana, de por que os coellos teñen o aspecto actual.
Esta vez fixo participar a varias profes de forma activa. Pasámolo xenial!
Ogallá estas sorpresas se repitan no futuro!!!
Grazas Queliña por facernos pasar uns momentos inesquecibles!
No hay comentarios:
Publicar un comentario