A compostaxe? Pois, é fabricar un abono natural, chamado compos, mesturando os residuos orgánicos ( restos de comida...) con materia marrón ( restos de madeira, papel...).
Son os microorganismos, miñoca, colémbolos, ... os encargados de descompoñer a materia orgánica que hai no composteiro.
Pareceunos curioso, que neste proceso o compos estea quente, o que indica que se están a eliminar os microorganismos patóxenos.
Aprendemos que: " Se reciclamos aforramos auga, electricidade e enerxía en xeral" e que "Todos podemos aportar o noso graniño de area para coidar o noso planeta".
Para rematar o día, os nenos e nenas de 3º estiveron vendo parte da peli "Harry Potter" cos seus titores de 5º. Gozaron moito coñecendo mellor aos personaxes dos que irán este ano disfrazados.
E este venres seguimos coa troula!! Entroidooooo
No hay comentarios:
Publicar un comentario