lunes, 24 de junio de 2019

FIN DE CURSO 2019


O pasado venres 21 de xuño festexamos a tan ansiada festa de fin de curso. Empezamos coa entrega de premios de Dinamización do tradicional concurso celebrado co gallo das Letras Galegas, " Que sabes de Antonio Fraguas".
O elenco de afortunados foi o seguinte:

Inés Ferradás Verde de 3ºA:

Paula Freire Lores 3ºA

María Pastoriza Cordero 3ºB
Alexandra Lis Fazanes 3ºB
Mariña Fernández Calo 4ºA
Catalina González Cabodevila 4ºA
Noa Pastoriza Gutiérrez 4ºB
Andrea Cereijo Estévez 4ºB
A continuación seguimos coa entrega de agasallos por parte das profes de E.F. polos torneos celebrados nos recreos durante este curso escolar.  Parabéns á clase de 4º B xa que acadaron o 1º premio.

Conseguiron tamén unha boísima clasificación o alumnado de 3ºB, que para ser o seu primeiro ano participando neste torneo acadaron a terceira posición:

Esa semana tamén participamos nunha exhibición de taekwondo na que participaron o alumnado do noso centro que realiza esa actividade. Fixéronno moi ben!



E para rematar a gran comilona que celebramos sempre ao rematar o curso escolar. En cada saída sempre nos sobra algo de cartos que empregamos ao final de curso para pagar as empanadas, bebidas e demais lambonadas que compramos para todos os rapaces e rapazas de 3º e 4º. 







BO VERÁN A TODOS E A TODAS!!









APADRIÑAMENTOS LECTORES 4º


A semana pasada o alumnado de 4º A e 4º B fomos os padriños e madriñas do alumnado de 1º. Gozamos dunha sesión fóra moi divertida, onde compartimos un bonito conto. Moitos nenos e nenas de 1º tamén nos agasallaron coas súas lecturas. Ao rematar entregámoslle uns marcapáxinas e unhas ilustracións.

Grazas rapaces e rapazas!




>

CIVILIZACIÓNS 4º

No segundo trimestre  en 4º B traballamos o proxecto da Prehistoria e enlazando con este, continuamos coas distintas civilizacións. Tras a habitual asamblea cada equipo escolleu unha civilización antiga para indagar sobre ela. Escolleron Exipto, Grecia, Roma e a civilización Castrexa. Trouxeron libros da casa, buscamos información nos libros da biblioteca e nos ordenadores. 






















Voluntarios que quixeron expoñer eles sós; Clara, Jaime, Noara e Xián. Facer unha mención especial a Xián, a súa evolución na exposión oral foi incríble, porque é un neno moi tímido e nas primeiras exposicións o pasaba realmente mal. Moi ben campeón, foi unha exposición estupenda!! Todos os demais o facedes tamén moi moi ben!!
Todos os equipos querían expoñer noutras aulas como facemos habitualmente pero por ser a derradeira semana foi imposible facelo polas numerosas actividades nas que participaban o resto dos cursos.










E tras as marabillosas exposicións orais chegou o momento da súa AUTOAVALIACIÓN, onde tiveron que valorar se cumprían todos os ítems da rúbrica deste proxecto e poñerse finalmente unha nota. Teño que dicir que coincidimos en moitas delas!












PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS!!












viernes, 21 de junio de 2019

CHÍMPATE PEPA

Chímpate Pepa foi o título da obra de teatro que representou o alumnado de terceiro B, ante as familias e os compañeiros e compañeiras do noso cole.
Foi a culminación de todo un proxecto de investigación sobre animais, que levaron a cabo durante este último trimestre do curso.


Na mesma función tamén cantaron, así de ben, o tema dos peixiños:


PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES!

martes, 18 de junio de 2019

ANDAINA POLOS MUÍÑOS DO RÍO FRADE

O tempo quixo chafarnos o plan pero non puido con nós!
Este martes, 18 de xuño, na mellor semana do ano, o alumnado de terceiro estabamos convocados para facer a ruta dos muíños do río FRADE,  un afluente do río Bispo, por todos coñecido.
Convidounos MARTÍN,  o papi de María, alumna de 3ºA.

Que ben o pasamos! Martín fíxonos andar moito e por camiños moi escarpados, seguindo o cauce do río, onde están situados, claro está os muíños.
Vimos moitos, pero só pudemos entrar en un, que estaba en estado ruinoso pero que era moi importante porque é propiedade do noso compañeiro Andrés, que tivo o honor de mostrárnolo.
Chegamos ata Meiro. A seguinte  foto está sacada no famoso muíño do Millo Corvo.
Ata pisamos unha calzada real, que din que utilizaban os romanos para ir dende Pontevedra ata Cangas.
Este vídeo está cheo de fermosas imaxes que amosan o fantástico día vivido en plena natureza, respirando aire puro,  lonxe dos pupitres e no que aprendimos infinidade de cousas ....
 GRAZAS A MARTÍN.



sábado, 8 de junio de 2019

TARABELOS: PINTANDO CONTOS CON MIRÓ

O alumnado de terceiro tivemos a sorte de seren elixidos para participar nesta actividade tan divertida:
PINTAR O MURO EXTERIOR DO BIBLIOCASTELO!


Foi un proceso instrutivo e á vez moi divertido e entretido dirixido por Esteban de Tarabelos. Se clicades na seguinte imaxe poderedes acceder ao blog de Dinamización para obter máis información:
No seguinte vídeo atoparedes unha galería de imaxes destas xornadas tan artísticas!


viernes, 7 de junio de 2019

O MISTERIO DAS BADALADAS


O pasado luns, o alumnado de 4º recibiu o animador Benxamín da editorial Anaya,  para falar sobre o libro que estivemos lendo de Xabier P. Docampo, O Misterio Das Badaladas.

Comentounos a importancia que tiñan nos pobos, hai uns anos, as badaladas das campás das igrexas, xa que se empregaban para dar moita información do que pasaba no lugar.

Benxamín foi contando o argumento realizando diferentes xogos en pequenos grupos. Todos os demáis tiñamos que adiviñar a que parte do libro pertencía esa representación. Tamén fixo un xogo de palabras para aprender o vocabulario novo do libro.

En xeral, gustou moi o libro e imaxinamos distintos finais para o libro.

Para rematar, contou un conto curto onde os nenos e nenas interactuaron. Antes de marchar, Benxamín debuxou á nosa compañeira Mariña. 







 Moitas grazas Benxamín!

lunes, 3 de junio de 2019

APADRIÑAMENTO LECTOR E ACOLLIDA NO CENTRO DE PRIMARIA AO ALUMNADO DE 6º DE E. INFANTIL

Todo comezou cunha invitación como esta, que recibiron todos e cada un dos pequenos e pequenas do último ano de E. Infantil, e que  fixeron con todo o seu amor os maiores de terceiro! 
Así foi, os maiores, de terceiro, e que por certo algún día foron  PELOUROS e FURABOLOS , ex alumnos das profes Toñi e Teru, invitaban aos actuais PELOUROS E FURABOLOS e agora  alumnos e alumnas destas profes, a vir ao cole de primaria para lerlles un conto e ensinarlles as instalacións do centro no que estarán o vindeiro curso.
Nos  seguintes vídeos poderedes ver unha galería de imaxes desta inesquecible xornada:

domingo, 26 de mayo de 2019

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Por fin chegou o día! O mellor do ano sen dúbida ningunha!
O alumnado de terceiro e cuarto de primaria vistamos o castro de San Cibrao de Las, situado entre os concellos de Punxín e San Amaro e as termas de Outariz na cidade de Ourense. 
O 21 de maio, será unha xornada para manter na nosa memoria.
No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes:

sábado, 18 de mayo de 2019

CONTACONTOS EN FAMILIAS



O equipo do bibliocastelo fíxonos unha suxestión para levar a cabo entre o día do libro, 23 de abril e o día das letras galegas, 17 de maio, pra que as nosas familias acudisen ao cole a contarnos contos á hora de ler.
A  resposta foi espectacular: 
O primeiro valente foi Luís, tío de María Otero, de 3ºB que nos contou encantado " OS MÚSICOS DE BREMEN".
A seguinte en vir foi Paula, mamá de Pedro de 3ºA que nos relatou "MONSTRUOS"
, deixámdonos todos intrigados porque non nos quixo contar o final, pero que nos deixou o libro en clase para que o poidéramos acabar soíños.
Tocoulle o turno despois á familia de Aroa de 3º B. Acudiron a súa mamá Olalla e o seu papi Marc. Un luxazo porque ela é unha experta contacontos e el un afamado ilustrador. Versionaron  "O BOSQUE"  dun xeito inmellorable. 

A seguinte foi Beti, nai de André e Xoel, que se amosaron orgullosísimos mentres a súa mamá contaba "LAS DOS ARDILLAS".
Veu, logo Silvia, mamá de Blanca de 3ºA, pero non veu soa pois a acompañaba Laura, a irmá pequena. Silvia traía unha gran sorpresa sobre todo para Blanca, pois o libro elixido foi "O LIBRO DA SÚA VIDA" ,  elaborado polos seus pais cando só tiña catro aniños. Asemade nos contou unha preciosa historia de superación chamada "EL NIÑO QUE PUDO HACERLO".

Noemi, mamá de Natán de 3ºB mantivo a nosa atención totalmente centrada mentres nos contaba maxistralmente:  "A NOITE DAS MUDANZAS".
Bibi, a mamá de Iria de 3ºB, sacounos moitas gargalldas mentres nos contaba "A VACA QUE PUXO UN OVO".
O bibliocastelo foi o lugar elixido por Eva, a mamá de Manuel de 3ºA, para contarnos" CHIVOS CHIVÓNS ". Eva revelouse como toda unha experta contacontos, pois era quen de cambiar as voces dos personaxes dos contos como unha auténtica profesional.
A penúltima protagonista foi Lydia, e o fixo léndonos o primeiro capítulo de MELOWY., o libro preferido de Helena, alumna de 3ºA. Todos lle pidimos que nos lera máis, pois nos encantou, pero Lydia en vez de facernos caso nos deixou o libro na clase para que todos o poidamos ler.


Cando xa pensabamos que non teriamos máis contacontos en familias, ofrecéronse  a vir Jaime, o superavó de Raúl, e Diego o seu  tío.
Jaime faloulle da importancia da educación e de que aproveiten todo o que a escola lles ofrecía.
Diego veu lerlles un libro que a el lle gustou moito cando estaba no cole. Só lle contou o primeiro capítulo pero deixou ao nenos e nenas tan intrigados que todos o querían levar para continuar  a lectura.

Resultado de imagen de la casa del arbol libro
Ao final Diego repartiu un chupachús para cada un! Que sorte!


MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...