Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS DE AULA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS DE AULA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de enero de 2019

CANTA GRAXA TEÑEN OS ALIMENTOS?

Dentro do proxecto de alimentación que o alumnado de terceiro levaron a cabo este primeiro mes de xaneiro,  fixeron un experimento para saber que alimentos levan máis graxa. 
Estaban  moi nerviosos porque ademais ían inugurar a nova aula de ciencias. 
Primeiro seleccionaron unha serie de alimentos: Queixo, augacate, pan, mazá, iogurt, manteiga, leituga, ...
Despois sobre un folio, ían manchando co alimento elixido:









Finalmente colocamos os folios nas ventás das nosas clases. 
                           
Ao día seguinte comprobamos que increíblemente o queixo ten moitísima graxa. Tamén observamos que o aguacate tamén contén moitísima pero as profes nos explicaron que ao ser graxa vexetal era máis saudable e que o podiamos usar perfectamente como fonte de enerxía. 

lunes, 9 de abril de 2018

PROXECTO DE CIENCIAS NATURAIS SEGUNDO TRIMESTRE: ENFERMIDADES RELACIONADAS COA ALIMENTACIÓN.

En Ciencias Naturais, non podiamos pasar por alto, o PDI deste ano no colexio: 
" A ALIMENTACIÓN".
Xa fora un tema tratado no curso anterior, así que empezamos por repasar a Pirámide Alimenticia e os contidos que nos transmitía. Aproveitamos unha dinámica de traballo cooperativo o folio xiratorio e a transformamos nun texto expositivo. O mesmo aconteceu coa Roda dos alimentos. 
Volvemos  pasar ao noso vocabulario consciente, termos de  nutrientes (vitaminas, proteínas, hidratos de carbono, minerais, graxas, ...), grupos de alimentos (enerxéticos, reguladores ou construtores), ...
Pero este ano centrámonos máis nunha dieta saudable. Quixemos coñecer neste trimestre as enfermidades que están relacionadas coa inxesta de alimentos. Patoloxías producidas por carencias de vitaminas, como podía ser o raquitismo, o bocio, a avitaminose B12, o escorbuto. Outras por sintentizar mal os nutrientes como son as alerxias a lactosa ao ovo ou ao gluten, ou a diabetes. Enfermidades máis coñecidas como a gastroenterite, ou outras tan actuais como a bulimia, a anorexia ou a obesidade.

Este foi o noso guión:

Cada alumno ou alumna elixiu unha enfermidade e elaborou un texto, que podía vir acompañado ou non, á hora de ser exposto, por un power point. O obxectivo era elaborar un libro con todo.
Houbo moita variedade e aprendemos  moito con enfermidades como a anorexia ou a bulimia, pero tamén chamou moito a nosa atención a enfermidade das vacas tolas, ou a provocada pola bacteria anisakis. Sorprendeunos o raquitismo, a toxoplasmose, ...
Estas son algunhas das presentacións que se fixeron:

Uxía Gil expuxo un traballo impecable sobre a diabetes:


Leer más publicaciones en Calaméo
Carla informounos claramente sobre o perigo das caries:


Leer más publicaciones en Calaméo
Brais informounos sobre o bocio e a incidencia que esta enfermidade ten en Galicia:


Leer más publicaciones en Calaméo

Fabiola contounos de xeito moi apaixoado en que consistía a toxoplasmose porque ela é unha amante incondicional dos animais:



Leer más publicaciones en Calaméo
Aroha, sorprendeunos cun impresionante relato sobre a anorexia nerviosa, e cunhas durísimas imaxes sobre esta patoloxía que afecta a moitas adolescentes do mundo desenvolvido neste século:


Leer más publicaciones en Calaméo
Tamén queda a xeito de exemplo a  magnífica exposición que Hugo fixo sobre a enfermidade provocada pola bacteria anisakis:



Inés conseguiu que, primeiro o seus compañeiros e compañeiras, e despois, o alumnado de segundo mantivesen atención plena, pois o que lles contaba sobre o raquitismo era moi interesante.


No terceiro trimestre temos intención de continuar co este proxecto, centrándonos máis no etiquetado, no tipo de dietas e nas receitas.

domingo, 8 de abril de 2018

PROXECTO DE CIENCIAS SOCIAIS SEGUNDO TRIMESTRE: XEOGRAFÍA POLÍTICA DE GALICIA E ESPAÑA

O segundo trimestre do curso estivo dedicado na aula de 4ºA a coñecer a xeografía primeiro da nsa comunidade autónoma "Galicia" e despois de España.
Elaboramos primeiro  entre todos  mapas de Galicia.
 Como  foi moi fácil saber cales eran as provincias e as capitais pronto quixemos saber que outras comarcas ademais da nosa, 
O MORRAZO, había en Galicia. Interesámonos especialmente polas que podían ter que ver algo con nós ou con algunha profe do cole, .... Terminamos facendo unha lista de 12 comarcas galegas e puxémonos a investigar sobre elas por parellas.
Cada parella fixemos unha presentación dixital:
FABI E MARTIN: COMARCA DE FISTERRA

ESTA É PRESENTACIÓN DA COMARCA DO MORRAZO: 


Leer más publicaciones en Calaméo

ÓSCAR E MARIO: COMARCA DE LUGO:



ESTA É A  PRESENTACIÓN D:A COMARCA DE LUGO:



Leer más publicaciones en Calaméo

BREIXO E PABLO: COMARCA DE A LIMIA:




ESTA É A PRESENTACIÓN DA COMARCA DA LIMIA :


Leer más publicaciones en Calaméo

ÁLEX E HUGO: CARBALLIÑO:

ESTA É A  PRESENTACIÓN DA COMARCA DE CARBALLIÑO:


Leer más publicaciones en Calaméo

ÁLVARO E SOFÍA: PONTEVEDRA



ESTA É A  PRESENTACIÓN DA COMARCA DE PONTEVEDRA:



Leer más publicaciones en Calaméo

PEPE E LUCAS: COMARCA DE VIGO


ESTA É A PRESENTACIÓN DA COMARCA DE VIGO:


Leer más publicaciones en Calaméo

CARLA E BRAIS: COMARCA DO SALNÉS

ESTA É  PRESENTACIÓN DA COMARCA DO SALNÉS :


Leer más publicaciones en Calaméo

UXÍA GALLEGO E ANA: COAMARCA DE BETANZOS

ESTA É A PRESENTACIÓN DA COMARCA DE BETANZOS:


Leer más publicaciones en Calaméo

UXÍA GIL E XAVI: COMARCA DA FONSAGRADA:

ESTA É A PRESENTACIÓN DA COMARCA DA FONSAGRADA:

Leer más publicaciones en Calaméo

ROCÍO E INÉS: COMARCA DO MORRAZO

ESTA É A PRESENTACIÓN DA COMARCA DO MORRAZO:


Leer más publicaciones en Calaméo

AROHA E ANTÍA: COMARCA DE DEZA

ESTA É A PRESENTACIÓN DE DEZA:


Leer más publicaciones en Calaméo

GABRIEL E MANEL: COMARCA DO CONDADO


ESTA É A  PRESENTACIÓN DA COMARCA DO CONDADO:



Leer más publicaciones en Calaméo
Rematamos o trimestre coñecendo o mapa de España. Ademais de traballar o mapa en formato papel, tamén o fixemos en formato dixital con mapas interactivos. O máis divertido foi elaborar nós mesmos o mapas e facer diversos xogos, coas comarcas de Galicia, coas provincias de España e con monumentos e lugares de interese turístico.




jueves, 22 de febrero de 2018

MONUMENTOS E LUGARES DE INTERESE TURÍSTICO DE ESPAÑA

O alumnado de 4ºA está, neste trimestre, inmerso nun proxecto de xeografía. Esta presentación é un bo recurso para repasar lugares de España que lles gustaría visitar.
Power Point Lugares De Interese Turístico

domingo, 28 de enero de 2018

PROXECTO DE METEOROLOXÍA

Seguindo coa dinámica da aprendizaxe por proxectos, o alumnado de cuarto realizamos o pasado trimestre un bonito traballo de investigación sobre METEOROLOXÍA.
Todo xurdíu tras a visita que o alumnado de quinto  nos fixo para entregarnos a caixa das meteoescolas:
Dende ese momneto comezamos a traballar. Cada día iamos visitar a caseta meteorolóxica:

Cos datos recollidos fomos elaborando o climograma de Bueu do mes de novembro.


Queriamos saber máis. Volvemos  repartirnos en equipos e cada un realizou a súa parte:

  1. Tempo atmosférico e elementos que o determinan.
  2. Predición de tempo atmosférico e aparatos que se utilizan.
  3. Clima. Factores que o determinan e tipos.
  4. Cambio climático. Causas e consecuencias.
  5. Fenómenos atmosféricos adversos.
  6. Fenómenos atmosféricos misteriosos.
Comezamos a buscar información nos libros da biblioteca escolar ou nos traiamos da casa. Internet tamén foi de gran axuda así que as visitas á aula de informática foron asiduas.
Aprendemos un montón e tivemos que compartir todos os nosos coñecementos cos nosos compañeiros.

  1. Tempo atmosférico e elementos que o determinan.





2-Predición de tempo atmosférico e aparatos que se utilizan.




3- Clima. Factores que o determinan e tipos.



4- Cambio climático. Causas e consecuencias




5- Femómenos atmoféricos adversos.




6- Fenómenos atmosféricos misteriosos:






Aplicamos o aprendido para facer ,de xeito, conxunto un comentario sbre o climograma de Bueu. Este foi o resultado das nosas conclusións.


Asemade, cada equipo investigou o tempo atmosférico dunha cidade , facendo tamén un comentario final.
  1. Clima de Vigo
  2. Clima de Santa Cruz de Tenerife
  3. Clima de Valladolid
  4. clima de Walvis Bay
  5. Clima de Seattle
  6. Clima de Kiev












VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...