miércoles, 1 de febrero de 2017

`DÍA DA PAZ 2017

O pasado luns, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz por todo o alto. Cantamos todos xuntos " Apertas que voan" de Brinca Bai",e "Count on me" de Bruno Marx. Ademais o alumnado de sexto cantaron para todos nós unha preciosa canción en francés:"On Ecrit Sur Les Murs"
Como lembraredes este ano o noso proxecto é O CINE e, para a celebración deste día, decidimos traballar esta significativa frase da película de Hércules:
"Un verdadeiro heroe non se mide polo tamaño da súa forza, senón pola forza do seu corazón."
Nas diferentes titorías traballouse o que era para cada un, 
"un heroe ou unha heroína". O resultado foi extraordinario, quedando reflectido neste fermoso mural da entrada do colexio:

Estes foron os textos que saíron das aulas de terceiro e cuarto:
3ºA

3ºB
 
4ºA
4ºB
O día da Paz estes textos foron lidos, dun xeito moi emotivo, polos protagonistas:



Aínda que non todos os heroes e heroínas puideron formar porte do mural principal, si que tiveron, un lugar destacado no mural das portas das aulas.


O alumnado de terceiro tivo, este ano, un protagonismo especial, pois esperaron aos seus titores TEI cun globo, despois de que estes recibisen un diploma, nun acto moi solemne, pois estivo presidido,  polo Alcalde, a Concelleira de Educación do Concello de Bueu, e a Coordinadora de Centro de Formación de Mestres de Pontevedra.
Ao final do acto, titores e titorizados, tras cantar a canción "Count on me" de Bruno Mars, soltaron os globos.


 Neste vídeo poderedes gozar, das imaxes deste fermoso día:








1 comentario:

  1. nunca deixades de sorprendernos alumn@s e profes ..... outro video precioso.... bravo!!!! ara.

    ResponderEliminar

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...