"TITORÍA ENTRE IGUAIS: PROGRAMA TEI"
Este proxecto, busca mellorar a convivencia no centro, resolver os conflitos, e favorecer as relacións para así previr a violencia e o acoso escolar.
Os protagonistas son o alumnado de quinto que titorizan ao alumnado de terceiro de primaria.
Este alumnado, tras ter unhas xornadas de información e formación, protagonizou o pasado mércores, 25 de xaneiro, unha experiencia moi emotiva. Cada alumno e alumna de quinto, titor ou titora, coñeceu ao seu titorizado ou titorizada, alumno ou alumna de terceiro.
Reuníndose primeiro na biblioteca e na sala de uso múltiples entrevistáronse mutuamente:
Alumnado de 5º B entrevistando aos seus titorizados de 3ºB
Alumnado de 5ºA entrevistando aos seus titorizados de 3ºA
Posteriormente saíron todos ao patio. Primeiro os titores e titoras serviron de lazarillos e guiaron aos titorizados como se se tratase de persoas invidentes polo patio.
Remataron o día facendo un xogo por parella, no que as gargalladas foron as principais protagonistas:
Este proxecto, transmítenos esencialmente un gran optimismo. Un mundo mellor é posible, e estas rapazas e rapazas están moi concienciados.
No seguinte vídeo poderedes ver máis imaxes deste inesquencible día.
non sei se e a musica ou as imaxes..... estou emocionada!!!! Moitas grazas por compartir connosco estes momentos tan doces.....ara.
ResponderEliminar