O alumnado de terceiro disfrazámonos, nesta ocasión, de Harry Potter. Unímonos aos de quinto, titores nosos no programa TEI, ao vestirse eles de Dumbledore e de Minerva, personaxes que no libro e película fan de mestres e protectores do neno mago.
Os Harry Potter de 3ºA
Os Harry Potter de 3º B
Fixemos o pasarrúas acompañados dos nosos titores, o que axudou a fortalecer máis o vínculo entre nós.
Na praza do Concello cantamos xuntos a nosa cantiga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario