Un gran mural preside a entrada do noso centro, homenaxeando ao autor ourensán e a súa obra infantil máis coñecida.
Ao lado do gran mural, atópanse as preguntas do concurso QUE SABES DE ..., onde cada semana aparece unha nova pregunta.
Para coñecer mellor ao escritor laureado este curso, recibimos o día 11 de maio a visita de O BARDO ABELARDO, que acompañado do seu acordeón contounos dun xeito moi ameno a vida e a obra de Casares, á vez que nos fixo cantar e bailar.
Ese mesmo día, fomos ao Centro Social do Mar a ver a obra de teatro: A GALIÑA AZUL, representada dun xeito maxistral por Ana Carreira e Manu Polo.
Asemade o pasado 29 de maio, volvemos baixar ao Centro Social do Mar para ver O MUNDO DE CARLIÑOS, espectáculo de monicreques de Luís Vallecillo.
Porén, o mellor día de todos foi o 16 de maio, data na que no cole celebramos O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Os nenos e nenas de terceiro e cuarto empezamos moi pronto a festa coa visita de BENXAMÍN MÍGUEZ, que nos fixo unha entretida función de animación á lectura.
Despois do recreo, reunímonos todos os alumnos e alumnas do CEIP P. A PEDRA no patio cuberto para conmemorar todos xuntos o día máis importante da nosa lingua.
O alumnado de cuarto, acompañados por quinto e sexto, interpretamos coa nosa frauta O HIMNO GALEGO.
A continuación, fomos ler o que cada aula escribimos sobre a figura de Casares:
3ºA
3ºB
4ºA
4ºB
Aproveitamos a xornada, para homenaxear tamén a EDUARDO PONDAL, pois este ano cúmprense 100 anos do seu pasamento. Con tal fin todo o colexio erguémonos e moi solemnemente cantamos unidos O HIMNO GALEGO.
Tivemos a sorte de estar acompañados por algún dos membros do grupo de gaitas MANXADOIRA.
Ao final do acto, agasalláronnos con algunha peza máis. Dende este blog queremos expresar o noso enorme
AGRADECEMENTO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario