O alumnado de terceiro quixemos despedir o curso, representando unha adaptación teatral da Galiña Azul, feita por María do Carme Álvarez Gómez.
Foi un longo camiño, que comezou coa lectura da obra, continuou co reparto de papeis, preparar o decorado, elexir o vestiario e ensaios diarios.
A estrea foi o pasado mércores, 21 de xuño, no Centro de Día Pescadoira. Os usuarios do centro, agradecéronnos moito a visita e aplaudíronnos moito.
O xoves, actuamos para os nosos compañeiros e compañeiras, primeiro para os de primaria e despois do recreo para os de infantil.
O venres invitamos aos nosos pais, nais, avós ou avoas. Foi, sen dúbida o público máis agradecido.
A verdade que estes alumnos, despois de ter un ano de cine e de convertirse en actores e actrices para esta obra, son xa
A verdade que estes alumnos, despois de ter un ano de cine e de convertirse en actores e actrices para esta obra, son xa
AUTÉNTICOS ARTISTAS!
En canto dispoñamos da gravación, publicarémolo neste blog, para que podades gozar co bonito traballo destes rapaces e rapazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario