O martes 6 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de primaria do CEIP PLURILINGÜE A PEDRA, estivemos de excursión de fin de curso en Ourense.
Saímos do centro sobre as 9:30 da mañá, chegando a San Cibrao de Las ás 11. A nosa primeira parada foi alí, nun dos castros máis grandes de Galicia, tamén chamado "A Cidade", xa que alí había arredor de 450 castros protexidos por tres grandes murallas.
Nada máis chegar separánnos en tres grupos para coñecer ben o lugar. Sempre acompañados polos guías, visitamos o centro de interpretación dos castros, onde nos explicaron un pouco da súa historia, xa que este castro pertence a unha das últimas etapas da Idade dos Metais.
Participamos en dous obradoiros; un de caza, onde puidemos cazar como os castrexos daquela época, e tamén fixemos un pequeno castro no obradoiro de arxila.
Asemade visitamos a parte exterior onde vimos o que se conserva dos castros, como estaban organizadas as súas casas, como se defendían, como chegaba a auga, como cociñaban...comprobamos que nada estaba organizado ao chou.
E por fin chegou a hora de xantar, onde descansamos un chisco ao aire libre.
O colofón sen dúbida algunha da saída foi a visita ás termas de Outariz. Acabouse a paz cando nos viron chegar! Case 90 nenos e nenas ansiosos por bañarse e disfrutar, e por suposto que o conseguimos.
Foi un día xenial cheo de anécdotas e bos momentos en compañía dos nosos compañeiros.
Botade unha ollada do ben que o pasamos!
GRACIAS!!! Sodes xeniales,
ResponderEliminarApertas infinitas polos recordos!!!
ResponderEliminar