Este é o libro que nos namorou este curso a todo o alumnado de cuarto. A historia de kori e o seu cameliño Caramelo chegounos directamente o corazón e miles de emocións desbordáronse sen control.
O culpable de que isto sucedese chámase GONZALO MOURE, autor deste preciosa historia ambientada nun campo de refuxiados no deserto do Sahara.
Pois ben, o pasado mércores, 7 de febreiro, tivemos a sorte de que el, en persoa, viñera ao noso cole.
Falounos do seu amor polo pobo saharaui. Contounos como unha pequena nena xorda, chamada Fatimetsu, foi a fonte de inspiración para escribir este fermoso libro. Respondeu a canta pregunta lle fixemos, satisfacendo a nosa curiosidade e finalmente asinou os exemplares da novela, que, ben podedes ter por certo, gardaremos, con todo agarimo, nos andeis das nosas casas.
Mediante as instantáneas colocadas no vídeo poderedes observar como transcorreu a xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario