sábado, 26 de enero de 2019

EXCURSIÓN A VIGO

O pasado 23 de xaneiro, o alumnado de terceiro visitamos a cidade de Vigo.
Tras deixarnos o autobús NA PORTA DO SOL, sacámonos esta foto de grupo diante do famosísimo DINOSETO.
Seguindo os pasos da profe Bea, que se coñece Vigo ao dediño porque é natural desta cidade, metémonos dentro do casco histórico, pasando por debaixo dun arco da antiga muralla. Alí fomos conscientes da diferenza coa cidade nova, pois as casas eran todas de pedra e  baixas e as rúas máis estreitas. 

Pasamos pola prazas da Princesa e  da Constitución. Vimos a Concatedral co seu reloxo de Sol e o Olivo, símbolo de Vigo, diante da súa fachada.

Impresionounos estar diante da casa, onde hai máos de 150 anos,, cando era unha imprenta, se editou o primeiro exemplar de CANTARES GALLEGOS, de ROSALÍA DE CASTRO. As profes faláronnos con emoción da ilustre escritora galega e nós sentímonos orgullosos de coñecer este lugar.


Despois de merendar dirixímonos a NATURNOVA, debemos dicir que nos encantou todo: O submariño, a sala do Universo, a do planeta Terra e a do home e o seu medio. Gozamos escoitando aos guías que nos foron explicando todo de xeiro moi entretido pero sobre todo nos gustou, poder tocar, manipular, experimentar por nós mesmos.

Antes de rematar esta crónica, queriamos dar as grazas a Raquel, profe de prácticas do noso cole cando estabamos en Educación Infantil, pois tivemos o honor de contar coa súa presenza neste inesquecible día.

No vídeo poderedes comprobar o ben que o pasamos:



No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...