Neste primeiro trimestre en 4º estivemos traballando en dous proxectos.
Por unha banda en ciencias sociais indagamos sobre todo o que sabemos sobre A AUGA, e así chamamos a este proxecto. Cada un elaborou un libro en cartolina con distintas lapelas. Mirade todo o que sabemos; os ríos de Galicia, os principais ríos de España, o ciclo da auga e os seus estados, os cursos do río e por último o vocabulario relacionado coa paisaxe de costa e coa paisaxe de interior. Todos os luns na aula de informática traballamos todo esto cos mapas flash interactivos.
Na aula fixemos entre todos o noso mural, no que por equipos realizamos distintas actividades; indagamos onde nacen, onde desembocan e canto miden os principais ríos de Galicia e de España, debuxamos as distintas paisaxes de costa e de interior con definicións do vocabulario, debuxamos e explicamos o ciclo da auga e os seus estados... En fin, que aprendemos moitísimo sobre a importancia da auga na Terra. E para rematar elaboramos un xogo entre todos, un TRIVIAL, formulamos preguntas curtas tipo test coas súas respostas para xogar na aula e repasar todo o que sabemos dunha forma lúdica.
Mirade que ben o pasamos, recortando, pegando, buscando imaxes e información e elaborando o noso libro.
Por outra banda, en ciencias naturais despois de realizar a asamblea de aula, escollemos traballar As enfermidades. Ese foi o noso segundo proxecto. Votamos e a gran maioría quiso facer unha presentación dixital. Por parellas escolleron que enfermidade traballar. Como é habitual fixemos unha lista de todo o que sabíamos sobre o tema e o que nos gustaría saber. E aí empezamos a indagar e aprendemos todos de todos expoñendo oralmente aos nosos compañeiros.
Da gusto velos traballar así, sendo eles os protagonistas da súa propia aprendizaxe e as profes pasando a un segundo plano facendo de guía.
En 4º B tamén traballaron as enfermidades. Por parellas e por equipos escolleron distintos temas relacionados coa saúde. En diferentes cartolinas fixeron as súas presentacións, algunhas moi orixinais, incluindo xogos. Mirada que ben quedaron!
MOI BO TRABALLO! ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario