domingo, 27 de enero de 2019

INAUGURACIÓN DO NOVO BIBLIOCASTELO.

O mércores, 16 de xaneiro foi o día no que o alumnado de terceiro e cuarto tivemos a sorte de entrar por primeira vez no novo BIBLIOCASTELO.
Os ollos non cabían dentro da nosas caras cando entramos e vimos que ademaís da renovada zona de libros e ordenadores, se engadían agora recunchos de música, táblets, mesa interactiva, plástica, parede de legos ou zona de xogos de mesa e de disfraces. Comprobamos tamén que a aula de ciencias quedaba integrada alí e que o corredor exterior formaba parte  do bibliocastelo.
A profe Lina foi a nosa guía:








A xornada rematou cunha sesión de maxia. Outra vez o MAGO RAMÓN, volveu a sorprendernos co seus fantásticos trucos de maxia.








Nas seguintes imaxes podedes comprobar como, xa. en días posteriores, gozamos de todas novidades.













O alumnado de terceiro e cuarto queremos dar
AS GRAZAS, a todas as persoas que fixeron posible que poidamos gozar desta fantástica biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...