miércoles, 27 de marzo de 2019

CONVIVENCIA CO CEE JUAN XXIII DE PONTEVEDRA

Como xa vimos repitindo, este ano o noso colexio atópase inmerso nun proxecto sobre os DEREITOS HUMANOS. Un dos Dereitos que máis vimos salientando é o Dereito a ser diferentes, así que nas aulas estamos lendo "DOWN" de Ann alfaya. Este libro fíxonnos espertar a curiosidade sobre as DISCAPACIDADES INTELECTUAIS, polo que cando nos enteramos que iamos visitar o Centro de Educación Especial Juan XXIII de Pontevedra, levamos unha gran alegría. 


Non queriamos ir alí coas mans baleiras así que como estabamos no comezo da primavera puxémonos inmediatamente a confeccionar unhas flores con plastilina:


Convertíronse logo nestes fermosos broches:
Despois metémolos dentro duns sobres que tamén decoramos e ... listos para agasallar!

O xoves, 21 de marzo, viñeron ao noso cole Raquel, mestra do centro, e Sergio e Juan, alumnos do mesmo. Contáronnos que era a diversidade, en que consistía a discapacidade intelectual e como querían ser tratados. Sergio contounos ademais como de pequeniño foi maltratado por outros nenos no colexio no que estaba e o mal que se sentiu. 


Este primeiro contacto serviunos para estar concienciados e, así de preparados, nos presentamos no Centro pontevedrés o luns, 25 de marzo. Alí, tras ver un vídeo no que se nos mostraba a labor que a fundación Juan XXIII vén facendo dende hai 50 anos, visitamos as instalacións.
Fomos primeiro ás aulas dos pequenos. Despois visitamos a parte onde estaban os maiores traballando. Comprobamos como encuadernaban cadernos e libros paso a paso, como fabricaban fregonas que ían ser vendidas posteriormente nos supermercados, fomos á sala de estimulación sensorial e ata vimos a piscina.








.
Quedamos tan gratamente impresionados que algún de nós calificou esta experiencia como a mellor da súa vida. O que temos clarísimo é o gran respecto que estas persoas merecen e a nosa admiración por todo o que son capaces.
Neste vídeo poderedes ver máis polo miudo o acontecido nesta inesquecible xornada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...