Como coloexio plurilingüe que somos empezamos o luns, día en 11, indo ao salón de actos do IES Joham Carballeira para ver unha OBRA DE TEATRO EN INGLÉS:.
Os de terceiro vimos RAP and PAN. Tomando como punto de partida a historia de Peter Pan e de Rapunzel, os nosos storytellers mergullárannos nunha disparatada e emocionante aventura .Viaxamos dende Londres ao País de Nunca xamais, entre nenos voadores,crocodilos con gastritis, malvados piratas e melenas louras nunha obra 100% en inglés.
Pasámolo moi ben! Algún de nós tivo a oportunidade de demostrar os bos actores e actrices que son e que ademais se lle da moi ben o inglés, pois subiron ao escenario e fixérono realmente ben.
O luns, 25 de marzo, o alumnado de terceiro e cuarto, drixímonos a Pontevedra para ver, no teatro de A Fundación, a obra "Bon Apetit". A compañía GHAZAFELLOS, fíxonos gozar cunha comedia en clave de clown onde tres chefs «franceses» tentaron mostrar os
segredos da cociña galega, seguindo o prestixioso libro de receitas escrito por
Álvaro Cunqueiro, "A COCIÑA GALEGA": «A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo». Cunha posta en escena colorista, estes personaxes engancháronos dende o primeiro momento, facéndonos partícipes das desventuras, malos entendidos e solucións para cada prato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario