

CONXUROS de 4ºB
Se na noite de bruxas
non te atopas ben
aguardente as de beber
e se así non te atopas ben ,
colle o pixama e bota a correr.
TATO
Ollo de gato,pel de sapo,
rata do monte , pel de bisonte,
fuciño de can e un pouco de pan.
Se este brebaxe bebemos
este ano aprobaremos.
CARLOS
Patas de rata , ollos de ra….
Quen acabe este conxuro
en bruxa se convertirá .
ANTÍA
QUEREMOS SABER
Tras ver un power point que nos deixaron os nosos compañeiros de primeiro, Xabier Escribano, papá de Icía atreveuse a vir ao cole para contarnos o que el sabía e así continuar coa nosa investigación.
Así o pasado venres, 12 de novembro, Xabier empezou falándonos das amanitas. Esta especie de cogomelos caracterízase por ter uns aneis con frecos e por ter unha textura aterciopelada. Dentro delas hai diferentes tipos:
O papá de Icía tamén nos falou dos Inocybes, especie de cogomelos tamén moi tóxico e que tamén pode chegar a ser mortal.
Xabier emocionouse máis cando nos falou das macrolepiotas. Esta especie comestible, tamén chamada zarrotes, a hai moito na súa terra natal, Chantada. Contounos que a súa avoa as preparaba dunha forma sinxela, sacándolle a pel, e botándoa cunha areíñas de sal sobre a cociña de ferro.
Xabier insistiunos moito en que nunca debemos coller cogomelos sen a presenza dun experto.
A VER SE SODES CAPACES DE DISTINGUIR ESTOS COGOMELOS:
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...