domingo, 28 de octubre de 2012

O pasado 24 de outubro estivo de cumple a nosa mascota Papirus. É un misterio saber os anos que ten. Hai rumores de que pasa dos cincocentos anos!
O asunto é que ese día o noso polbo non estaba no rincón da biblioteca acostumado, xa sabedes ao lado do cofre dos libros especiais. Como fixo o ano anterior, ese día tivo a ben celebrar o seu aniversario con nós e decidíu facelo contándonos un conto. Os nenos e nenas do segundo ciclo fomos invitados o xoves 25 porque o día anterior foron os máis pequenos do cole os convidados. 
Encantounos a historia do xigante egoísta porque Papirus ten esa maneira especial de dicir as palabras que as fai case máxicas.

AS CHUCHES ESTABAN BOÍSIMAS!!!
GRAZAS PAPIRUS 
E

PAPIRUS CHEGANDO A BIBLIOTECA
QUE EMOCIÓN!

TODOS ENCANTADOS ESCOITANDO
O CONTO
 TERCEIRO A

 TERCEIRO B

 CUARTO A
CUARTO B

QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!!!

Os contos de Papirus


Aquí tendes o enlace para ver o conto do " Xigante egoísta " que Papirus nos contou polo seu aniversario. Pasámolo moi ben!!

domingo, 30 de septiembre de 2012

Segundo Ciclo `A Pedra´

Saudos compañeiros de terceiro curso, somos os nenos que agora están en cuarto, e queríamos falarvos do curso que ides comezar:


En Terceiro curso empezaredes a traballar, un pouco máis duro que no primeiro ciclo da primaría, pero non vos preocupedes, por que non todo será estudar e traballar, tamen pasaredelo mellor que no anterior curso


ASÍ QUE PASADEO BEN NO VOSO NOVO CURSO, BENVIDOS¡¡

martes, 19 de junio de 2012

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

As vacacións están aí. Seguro que todos temos un montón de plans, pero o que máis desexamos é descansar e desconectar un pouco das rutinas escolares. Poderemos erguernos máis tarde, saír a xogar, gozar da familia e dos amigos, ir á praia, .... Porén hai algo que non sabe de estacións, de calor ou frío. Ese algo é a lectura. Ler sempre senta ben e en vacacións aínda máis. A continuación tedes unha extensa guía de libros que dende o bibliocastelo nos propoñen e que dunha maneira o outra podedes intentar acadar. Lembrade que este verán tedes a ocasión de levar  ata dez volúmes da noso bibliocastelo e que podedes facervos socios da biblioteca escolar.



lunes, 18 de junio de 2012

APADRIÑAMENTO LECTOR

Valeu a pena esperar. Hoxe o tempo acompañounos e por fin puidemos celebrar o apadriñamento lector.
 O alumnado de 4º apadriñamos aos nosos compañeiros do 1º  nivel de Educación primaria. Houbo Junie B. Jones, piratas, Bolechas, princesas, soños, aventuras, misterio, ... pero sobre todo houbo ilusión e moi bo ambiente. Estamos seguros que hoxe naceron novas amizades.  Para rematar fixemos varios xogos no patio do cole.
FOI UN DÍA INESQUECIBLE!



EXPOSICIÓN EN E. INFANTIL

O pasado xoves, 14 de maio, os nenos e nenas do 2º ciclo, tivemos a sorte de ser invitados polo alumnado do 5º ano de Educación Infantil a visitar a exposición de pintura no ximnasio do centro.
 OS ARTÍSTAS PREPARADOS PARA EMPEZAR A EXPOSICIÓN
 DE UN EN UN OU POR PARELLAS FORON PRESENTANDO AS OBRAS
 ALGUNHA DAS OBRAS FEITAS POLOS PEQUENOS
 ADMIRANDO OS TRABALLOS


 ALGÚN DE NÓS SAUDANDO ÓS NOSOS IRMÁNS
 FACENDO AMIGUIÑOS
 UNHA VISIÓN XERAL DAS OBRAS  DE ARTE
TIVEMOS A SORTE DE INAUGURAR 
Puidemos comprobar que non soamente son uns auténticos artistas senón que tamén son uns expertos coñecedores de arte Eles mesmos foron facéndonos a presentación. Explicáronnos as profes, Toñi e Lucía, que esta exposición é a culminación dun proxecto levada a cabo durante todo o ano, na que cada letra do abecedario correspondíase cun artista.

sábado, 26 de mayo de 2012



Despois de pasarnos dous días facendo as probas da avaldia, os alumnos de 4º tiñamos merecido desconectar da rutina escolar. 
Esta vez non nos fixo falta saír fóra de Bueu, bastou con ir camiñando ata o Museo Massó.
Mentras un grupo visitaba as diferentes salas do andar de  abaixo e tomabamos conciencia de como era a vida na nosa vila durante o pasado século a outra clase estaba no  superior, na sala de navegación. Alí participamos no obradoiro “Un mundo cambiante”  Partindo da concepción medieval de que a terra era plana chegamos a conclusión de que era redonda a través das distintas actividades propostas.













viernes, 18 de mayo de 2012

VISITA DE FINA CASALDERREY


O pasado martes, 15 de maio, os alumnos e alumnas de 4º de primaria tivemos a sorte de coñecer a Fina Casalderrey.



 Era unha visita moi esperada

 Contounos historias moi interesantes.

Como é a súa vida.

 En que se inspira para comezar unha novela.


As anécdotas que máis marcaron o seu carácter


Algunha das súas experiencias como mestra.

Contestou a todas as nosas preguntas, que foron moitas.
  Pero sobre todo falounos do libro que lemos: 
"Dúas bágoas por Máquina"
  Díxonos que para ela tamén era un libro especial, que lle segue conmovendo

 Firmounos todos e cada un dos nosos exemplares. Tamén os traballos que fixemos.
MOITÍSIMAS GRAZAS FINA !!!

                                                              CORRELINGUA
Tras dous anos celebrando o Correlingua en Bueu, este ano tocoulle a fermosa vila de Moaña. Ala fomos, os máis pequenos de Educación Infantil e todo alumnado de segundo terceiro e cuarto de Educación primaria do colexio “A pedra”.
Ao igual que o ano pasado todo levabamos  a camiseta coa nosa palabra preferida: BOLBORETAS XOANIÑAS, AGARIMOS, ALOUMIÑOS, BIQUIÑOS, AMIZADES ...

Pasámolo xenial, desembarcamos na Xunqueira, e dende alí con cerca de dous mil nenos e nenas máis dos diferentes coles do Morrazo camiñamos ata a alameda. Tras merendar comezou a verdadeira festa.

                          
  BAILAMOS E CANTAMOS A RITMO   DE PESDELÁN”




jueves, 3 de mayo de 2012

OS COLGANTES DE ARTS & CRAFTS 4ºB

No segundo trimestre de Arts and Crafts fixemos uns preciosos colgantes de barro, os cais deseñamos e pintamos nós mesmos, aquí tendes a proba.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...