domingo, 23 de marzo de 2014

VISITA DE ANA ALONSO



Este xoves 20 de marzo tivemos unha visita moi especial no noso centro, Ana Alonso.
Os nenos e nenas de 3ºA e 3ºB estivemos lendo estas últimas semanas o seu libro " El país de los cuentos". Encantounos!

Falounos un pouco da súa infancia. Dende moi pequena encantáballe ler e a súa avoa inventaba moitos moitos contos que a ela lle fascinaban. Por iso a protagonista da nosa historia, Clara viaxaba coa súa avoa Esther ó país dos contos. A súa avoa sempre xogou un papel moi importante ao longo da súa vida.

Contounos que empezou a escribir en 5º de Educación Primaria para a revista do seu colexio, e gustoulle tanto a experiencia que nunca máis deixou de escribir. Anos máis tarde gañaría o seu primeiro premio con 19 anos nun concurso de poesía. E así sucederónse moitos máis ata facer realidade o seu soño, ser escritora.

O que máis nos gustou do seu libro foi a imaxinación dos personaxes, dos lugares tan máxicos e sorprendentes.  Animounos a ler, a inventar historias con palabras de sinónimos ou simplemente con parellas de nomes. Porque no mundo real o máis valioso é sin dúbida a IMAXINACIÓN.

Moitas grazas Ana!






lunes, 3 de marzo de 2014

UN ENTROIDO DE CÓMIC

   Como non podía ser doutra maneira, este ano, aproveitando o proxecto "Entre Viñetas" levado a cabo pola biblioteca do centro, todo o alumnado do "CEIP  Plurilingüe A Pedra" visteuse de personaxes de cómic. 
   Polas rúas da vila de Bueu desfilou: "A familia Picapedra", "Popeye", "Zipi e Zape", "Pitufos e Pitufiñas", "Astérix e Obélix" "Mafalda", "Lucky Luke" e "A familia Simpson".
   As forzas da natureza aliáronse neste día co colexio e, por raro que pareza, e ,a pesar de que amenceu con chuvia, á hora do desfile,non é que houbera un sol radiante, pero nin unha gota mollou aos pequenos e todos; alumnado, profesorado, pais nais e a vila enteira puido gozar desta, xa, tradicional festa.
   Este ano o alumnado de 3º foi disfrazado de pitufos e pitufuñas pero polo medio tamén se puido ver ao malvado Gárgamel. 
   Así mesmo, os nenos e nenas de 4º disfrazáronse de Astérix e Obélix que foron acompañados polo druida Panorámix que, fouciña en man, non desaproveitou a ocasión para recoller algunha planta apropiada para facer a súa famosa pócema.
Esta é a letra da canción do 2º ciclo:
AIRES DE ENTROIDO

Aires de festa  pitufos e galos
Radiantes de felicidade
Aires de festa no tempo do Entroido
Para bailar

Con moita marcha pitufos da fraga
Todos pintados de azul
Asterix e Obelix  xuntando as forzas
Para loitar

Estamos decididos a pasar este día
Con  cicloxénese
e bo humor
A xente tolea cando ve que pasamos
E que berramos
Viva  Lorenzo e sae por favor!

Aires de festa pitufos e galos
Radiantes de felicidade
Aires de festa no tempo do Antroido
Para bailar
(Música: Aires de Fiesta de Karina)
Neste vídeo pódese observar as imaxes deste fermoso día:

  
;

lunes, 17 de febrero de 2014

VISITA DO PAPÁ DE NICO


Este martes 11 de febreiro tivemos a gran sorte de recibir ao papá do noso compañeiro Nico, Jaime.  Grazas a el, viaxamos polo noso Sistema Solar, foi espectacular como cunhas aparentemente sinxelas gafas, montamos nunha nave e empezamos a voar ata chegar ao Universo. Unha vez alí, puidemos percorrer todos os planetas e estar incluso ao carón do Sol.

Non se pode describir con palabras tanto as  sensacións como as  emocións que sentimos cada vez que nos poñíamos as gafas, foi increíble!. E para rematar a nosa viaxe, acabamos montando nunha enorme montaña rusa.

Unha vez máis, grazas Jaime por compartir con nós esta experiencia que non esqueceremos en moito tempo.

FOI XENIAAAAAAALLLL!!!!!

 

viernes, 14 de febrero de 2014

San Valentín


Este venres 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín. Nas clases de Arts and Crats elaboramos unhas postais moi orixinais con distintos tipos de materiais. Aquí tendes un bonito vídeo para ver o resultado.



domingo, 2 de febrero de 2014

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

Este trimestre empezamos investigando sobre AS PLANTAS, e seguimos co SISTEMA SOLAR.
Temos que dar as grazas a todas as familias pola vosa colaboración porque os traballos son moi creativos e orixinais. Quedounos o corredor cheo de fantásticos traballos que expusemos na clase e aprendemos todos de todos.

 













sábado, 1 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ



Este xoves, 30 de xaneiro, celebramos, un ano máis, o Día da Paz no noso centro. 
Como non podía ser doutra maneira, este ano lembramos a Nelson Madela, recentemente falecido. Nas titorías pasáronse diferentes vídeos da súa impresionante vida e traballáronse esas frases, convertidas xa en sentenzas, que el, en diferentes etapas da súa vida pronunciou e que están cheas de sabiduría, xustiza e bondade. Estas frases foron expostas nun vistoso mural no vestíbulo do cole.

"A educación é a arma máis potente para cambiar o mundo"

" A maior gloria non é nunca caer, senón erguerse  sempre"

" Gústanme os amigos que teñen pensamentos independentes, porque adoitan facerche ver os problemas dende todos os ángulos"

"A arma máis potente non é a violencia, senón falar coa xente"
"Debemos situar a erradicación da pobreza no primeiro lugar das prioridades mundiais.







No patio cantamos dúas cancións: 
- "Mandela Day" de Simple Minds 
- "Campás pola Paz"de Pan de Millo.






 
 
As imaxes falan por si mesmas:
 






Pero isto non foi todo, tivemos unha gran sorpresa! 
O alumnado da Asociación Juán XXIII de Cangas  deleitáronnos cunha marabillosa obra de teatro: 
"O CIRCO DOS ESQUECIDOS"

Foi unha obra cargada de tenrura e profesionalidade. Unha preciosa metámofora que nos fai reflexionar que, polo xeral, esquecémonos que hai persoas diferentes das que temos moitísimo que aprender.Grazas por compartirla con nós. Agora sabemos que todo o mundo é CAPAZ de facer algo bo. 
O noso alumnado tamén  quixéronvos agasallar cun colar do símbolo da Paz feito con plastilina.




Aquí vos deixamos toda a obra de teatro para que disfrutes tanto como nós.

Grazas pola visita, encantounos artistas!!
 
 

lunes, 27 de enero de 2014

CONVIVENCIA ENTRE BIBLIOTECAS ESCOLARES.



Este venres 24 de xaneiro tivemos a gran sorte de recibir no Bibliocastelo a un grupo de alumnos e alumnas do Ceip Carballal de Marín. Foi unha experiencia marabillosa na que os rapaces e rapazas do 2º ciclo fixeron novas amizades e compartiron momentos de lecer. Organizamos unha serie de actividades para darlles a benvida. Poidemos compartir con eles libros, merenda e agasallos como se pode ver nesta presentación e fotografías:














Como fin de festa, todo o centro asistiu cos novos amigos a un concerto no Centro Social do Mar de Bueu. Alí acompañamos a Victor, Marta e Laura cantando as cancións do disco TAMBO que tanto nos gustan:










 
 
 
FOI UNHA GRAN FESTA!

jueves, 9 de enero de 2014

MUSEO DO MAR DE VIGO





Despois dunhas merecidas vacacións de Nadal, tocou regresar outra vez ás aulas. E sen dúbida a mellor maneira de empezar o segundo trimestre, foi indo de excursión ao Museo do Mar de Vigo. Unha  vez alí participamos en dous obradoiros, a 3º A tocounos mergullarnos no fondo mariño e a 3ºB descubrir as tradicións mariñeiras.
Aprendemos moito sobre o mar e o seu entorno dunha forma moi dinámica e divertida. Estivemos visitando o pequeno pero fascinante acuario con peixes da nosa ría, así como tamén puidemos observar o esquelete dun cachalote.

Ao día seguinte tocounos aos de cuarto.
Esta vez, mentres os de 4ºA percorrimos o museo para coñecer diferentes tipos de embarcacións, artes de pesca ou formas de conservar o peixe, os de 4ºB fomos coñecer o fondo mariño. Pasámolo xenial sendo os protagonistas das diferentes actividades que nos propoñían os monitores.
Igual que o fixeron os nosos compañeiros e compañeiras de terceiro o día anterior, quedamos abraiados polo impresionante esqueleto de cachalote e gozamos no  acuario descubrindo xurelos, fanecas, lenguados, rodaballos e ata algunha pequena quenlla.
O día non nos puido saír mellor pois, ao saír do museo, o sol brillaba con forza, así que fomos merendar ao paseo da praia de Samil.


Así da gusto comezar!


No fondo mariño.   3º A




3º A




Vendo o esqueleto do cachalote.  3º B

martes, 31 de diciembre de 2013

NADAL 2013

                                       NADAL 2013


Co gallo do Nadal, o venres 20 de decembro celebramos os tradicionais obradoiros. E como todos os anos, pasámolo xenial! Cantamos, bailamos, xogamos, comemos...e ata viñeron visitarnos os Reis Magos.


Dende o CEIP PLURILINGÜE A PEDRA queremos desexarvos un  FELIZ 2014.

E como mostra do ben que o pasamos...

domingo, 22 de diciembre de 2013

LUNA

ADIVINA ADIVINANZA

Su boca es cuarto menguante,
cuando ríe,
O luna llena,
cuando atiende.

Pero Luna no es un satélite
que Luna es un sol.

A veces es tortuga elegante,
a veces lento caracol,
pero con su mente vuela
y llega donde no llego yo.

Pero luna no es un satélite
que Luna es un sol.

Siempre con la sonrisa en la cara
y sus ventanas abiertas de par en par
mira, maravillada la vida pasar
y la vida, a ella, la ve llegar.

Pero Luna no es un satélite
que Luna es un sol.

Un sol que alumbra
pero no ciega.
Un sol que calienta
pero no quema

Para llegar a esta Luna
no tienes que ser astronauta,
solo tienes que ser alegre
y tener buen corazón.

Porque Luna no es un satélite
que Luna es un sol.

SOLUCIÓN
Mi querida alumna,
la sin par Luna.


Luna , Lúa, Luiña, Lueira, os teus compañeiros e compañeiras,e os teus profes desexámoste toda a sorte do mundo nesta nova andaina que comezas co novo ano.

sábado, 21 de diciembre de 2013

BO NADAL E FELIZ 2014

Con estes bonitas postais, recollidas de entre outras tan fermosas, o alumnado de 2º ciclo deséxanos que pasemos estas festas ao lado dos nosos seres queridos, e que o próximo ano sexa máis xusto e mellor.

"Por un mundo máis xusto no que esteamos todos máis a gusto"

" O mellor Nadal é o que sintes  no teu corazón"

"Desexo que este ano que entra veña cheo de verdade, paz, xustiza e ningunha dor"

" O lugar máis bonito do mundo é aquel onde tes a alguén a quen querer e alguén que te queira"




VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...