jueves, 2 de noviembre de 2017

SAMAÍN




Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, píntigas e meigas, feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de olo, negros meigallos,
cheiro de mortos, tronos e raios...

Benvidos un ano máis ao Samaín terrorífico do noso centro. Este ano co gallo do noso proxecto anual "Unha enchente de libros" fixemos no noso mural da entra "Un Menú do Samaín" moi arrepianteeeeee.


E como cada ano, todos os que quixeron participar trouxeron a súa cabaza relacionada coa temática deste ano, os alimentos. Temos que dicir que a creatividade de moitos é asombrosa e nunca deixan de sorprendernos. Parabéns a todos os nenos e nenas e a todas as súas familias pola vosa colaboración!













Estas son algunhas imaxes do ben que o pasamos disfrazándonos e decorando os corredores e o mural!








miércoles, 1 de noviembre de 2017

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

A semana pasada todos os nenos e nenas do colexio recibimos unha invitación moi especial da nosa mascota, Papirus. Cada 24 de outubro, convídanos a reencontranos con el e festexar xuntos o seu aniversario. 

Este ano ademais, Papirus presentounos ao seu amigo Gonzalo, tío de Iria, alumna de 4ºB, que traballa de Chef nun gran restaurante español de New York. Gonzalo contounos como dende ben pequeno sempre quixo dedicarse á cociña así como o longo e esforzado camiño que tivo que percorrer para ser hoxe un importante e recoñecido chef. 


No seu relato, Gonzalo animounos a traballar e a esforzarnos para conseguir os nosos soños. Sendo moi novo foise a estudar a Ourense onde se formou nesta profesión e con tan só 18 anos chegoulle a posibilidade de ir para EEUU recompensa do seu bo expediente. E alí continúa. 
           

E para rematar ese día tan sinalado, Papirus convidounos a tomar unhas froitas con chocolate que estaban boísimas. 

Agradecémoslle a Papirus  e a Gonzalo o marabilloso día que nos fixeron pasar. 


























miércoles, 18 de octubre de 2017

NUNCA MÁIS LUMES

O alumnado do noso cole, está preocupado polos lumes da pasada fin de semana. 
Despois ter falado moito sobre o tema na aula, Antía Lis Fazanes, alumna de 4ºA, expresou a súa indignación a través dun cartel que agora forma parte do decorado da clase.
A bandeira galega, cóntanos a pequena, está do revés a propósito. Segundo a súa explicación a nosa terra está cambiada, pois antes era verde e agora é marrón, laranxa, amarela  e tristemente
NEGRA!!!!!😢

lunes, 25 de septiembre de 2017

BENVIDA AO CURSO 2017/18

Nesta primeira entrada queremos saudar ao novo alumnado que xa enche as aulas de terceiro
Este será o espazo onde  compartirán coa comunidade escolar as novidades, actividades ou saídas que se leven a cabo durante o curso.
Asemade o alumnado que este ano cursa cuarto, seguirán publicando nesta páxinas as noticias salientables.
Aproveitamos esta primeira publicación para lembrarvos, que o pasado, martes, 12  e o mércores 13 de setembro, os nenos e nenas de terceiro e cuarto acudiron ao centro social do mar de Bueu, para gozar coas curtas da sección infantil e xuvenil do FIC.
 3ºA
 3ºB
 4ºA
4ºB

martes, 27 de junio de 2017

VÍDEO DO TEATRO "A GALIÑA AZUL"

Como vos prometeramos, publícase nesta entrada o vídeo do teatro do alumnado de terceiro : "A Galiña Azul"
Esperamos que gocedes véndoo tanto como estes artistas representándoo!
FELIZ VERÁN!

domingo, 25 de junio de 2017

FIN DE CURSO: ENTREGA DE PREMIOS

Por fin chegou o día! Comezan as vacacións!
Pero o curso non podía rematar sen a entrega de premios.

  1. Entrega de diplomas ao voluntariado da Biblioteca.
  2. Entrega de premios de Dinamización Linguística do concurso "Que sabes de Carlos Casares?"
  3. Entrega de premios dos torneos de E. Física.
Os premios da Biblioteca destináronse enteramente ao alumnado de sexto porque foron eles os que voluntariamente axudaron ao equipo de biblioteca. 
Foi despois o turno dos premios de Dinamización. Houbo varios  premiados de terceiro e cuarto:
 3ºA
 3ºB
 4ºA
4ºB

Foi despois o turno da entrega dos premios dos campionatos de recreo de E. Física.
1º CLASIFICADO: 3ºA
 2º CLASIFICADO: 4ºA
 3º CLASIFICADO: 4ºB
Parabéns a todo o alumnado do cole por teren participado!


VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...