miércoles, 8 de noviembre de 2017

PROXECTO SOBRE OS SENTIDOS

O alumnado de cuarto vén de realizar un interesante traballo de investigación sobre os sentidos.e sobre a cegueira e xordeira.
Divididos en equipos de catro alumnos e alumnas e tras facerse preguntas sobre o que querían saber, comezaron a procurar información nos libros da biblioteca e en páxinas web. 
As aulas convertéronse nun fervideiro de actividade.

.


Ao rematar compartiron cos seus compañeiros todo o asimilado.

  • EQUIPO DE INVESTIGACIÓN DO SENTIDO DA VISTA
  • EQUIPO DE INVESTIGACIÓN DO TACTO
  • EQUIPO DE INVESTIGACIÓN DO OÍDO
  • EQUIPO DE INVESTIGACIÓN DO OLFACTO
  • EQUIPO DE INVESTIGACIÓN DO GUSTO
  • EQUIPO DE INVESTIGACIÓN DA CEGUEIRA E DA XORDEIRA
Rematamos o proxecto indo á aula de ciencias onde experimentamos cos todos os sentidos. tras remantar tivemos que cubrir a seguinte ficha que nos fixo reflexionar sobre todo o aprendido:


No seguinte vídeo podedes comprobar os momentos vividos mentras experimentabamos.


Máis momentos do proceso...

Comezando o proxecto







Os últimos preparativos antes da exposición oral






Ensaiando a presentación diante dos compañeiros/as



E por fin chegou o momento













jueves, 2 de noviembre de 2017

SAMAÍN




Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, píntigas e meigas, feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de olo, negros meigallos,
cheiro de mortos, tronos e raios...

Benvidos un ano máis ao Samaín terrorífico do noso centro. Este ano co gallo do noso proxecto anual "Unha enchente de libros" fixemos no noso mural da entra "Un Menú do Samaín" moi arrepianteeeeee.


E como cada ano, todos os que quixeron participar trouxeron a súa cabaza relacionada coa temática deste ano, os alimentos. Temos que dicir que a creatividade de moitos é asombrosa e nunca deixan de sorprendernos. Parabéns a todos os nenos e nenas e a todas as súas familias pola vosa colaboración!













Estas son algunhas imaxes do ben que o pasamos disfrazándonos e decorando os corredores e o mural!








miércoles, 1 de noviembre de 2017

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

A semana pasada todos os nenos e nenas do colexio recibimos unha invitación moi especial da nosa mascota, Papirus. Cada 24 de outubro, convídanos a reencontranos con el e festexar xuntos o seu aniversario. 

Este ano ademais, Papirus presentounos ao seu amigo Gonzalo, tío de Iria, alumna de 4ºB, que traballa de Chef nun gran restaurante español de New York. Gonzalo contounos como dende ben pequeno sempre quixo dedicarse á cociña así como o longo e esforzado camiño que tivo que percorrer para ser hoxe un importante e recoñecido chef. 


No seu relato, Gonzalo animounos a traballar e a esforzarnos para conseguir os nosos soños. Sendo moi novo foise a estudar a Ourense onde se formou nesta profesión e con tan só 18 anos chegoulle a posibilidade de ir para EEUU recompensa do seu bo expediente. E alí continúa. 
           

E para rematar ese día tan sinalado, Papirus convidounos a tomar unhas froitas con chocolate que estaban boísimas. 

Agradecémoslle a Papirus  e a Gonzalo o marabilloso día que nos fixeron pasar. 


























VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...