martes, 17 de abril de 2018

TEATRO EN INGLÉS

O pasado venres, 13 de abril, todo o alumnado do cole baixamos ao Centro Social do Mar para ver unha obra de teatro en inglés.
Primeiro foi a quenda de primeiro, segundo e terceiro de primaria. a través das STORYTELLERS, metémonos no mundo de diversas historias, contadas dun xeito moi divertido.
O mellor de todo foi cando algún dos noso compañeiros subiron ao escenario e participaron activamente na representación.

Despois tocounos aos de cuarto, quinto e sexto ver MYTHS AND LEGENDS GO WRONG. Como se pode deducir tratou o tema de diversas lendas, como o Monstro do lago Ness ou Troia, pero cun toque moi peculiar de humor. 
Ao igual que pasou no primeiro pase, nós tamén puidemos saír ao escenario:




LEMBRAMOS O AUTISMO NA ESCOLA

O pasado venres, 6 de abril, o Colexio A Pedra, uniuse a outros centros do Morrazo, para facer que facer visible O AUTISMO , que afecta a un de cada 150 persoas no mundo.
A idea era ler un manifesto no patio, estando todo o alumnado reunido, para darlle aio solemnidade, pero unha vez máis o mal tempo non o permitiu.
Fixémola dentro das aulas e aproveitamos para ler un libro e ver uns vídeos que nos fixeron comprender mellor a estas persoas e as súas familias.



Despois con paraugas saímos a colocar globos azuis nas ventás como fixeron todas as ailas do cole.




lunes, 16 de abril de 2018

OBRADOIRO DE ALFOMBRAS FLORAIS

O alumnado de cuarto comezamos moi ben o terceiro trimestre do curso, pois cando só levabamos 3 días nas aulas  recibimos a visita de varios compoñentes da asociación de alfombristas de Bueu.
Primeiro Rafa dounos unha charla na que nos mostrou, por un lado a traxectoria da asociación durante este último ano e por outro nos fixo a proposta para que o noso centro participara activamente na próxima celebración do Corpus en Bueu.
Contounos que a Deputación de Pontevedra, nomeou 2018 como ano da lingua, e que lles gustaría que decoráramos unhas letraS para facer un poema, unha cantiga, un dito ...  en galego.Despois de comprometernos a facelo ...
 CHEGOU O MÁIS INTERESANTE!
Coa axuda de Rosa, Chefi, Mari, Ataulfo e Rafa realizamos unhas preciosas alfombras de 
OS BOLECHAS
No seguinte vídeo poderedes comprobar o ben que o pasamos e as obras de arte que fixemos:





sábado, 14 de abril de 2018

DESPEDIDA DA PROFE TANIA

O venres 13 de abril, despedimos con gran pena á profe Tania, coa que vivimos momentos enesquecibles facendo un
 OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS.
Dexesámoste toda a sorte do mundo e que algún día podas regresar a este cole, non como profe de prácticas, senón como unha mestra máis.
GRAZAS POLAS PALOMITAS E O LAPIS!


miércoles, 11 de abril de 2018

PROXECTOS DE CIENCIAS 3º


Este 2º trimestre nas aulas de 3º realizamos dous proxectos. En Ciencias Naturais por unha banda 3ºA realizou un POWER POINT e 3ºB un SWAY. O tema a tratar eran os animais, por parellas escolleron un animal e indagaron sobre todas as súas funcións e curiosidades. Sin dúbida é unha forma moi divertida para aprender porque partimos da súa motivación para traballar coas novas tecnoloxías ao mesmo tempo que buscan, len, seleccionan e resumen a información máis relevante. 
Fixeron uns traballos incríbles e aprendemos todos de todos!


 Por outra banda en Ciencias Socias decidimos estudar a fondo o noso concello de Bueu, polo que elaboramos entre todos un gran mural e ao mesmo tempo fixemos o noso primeiro Lapbook. 
Empezamos por equipos buscando a información máis relevante, situación no mapa, comarca, provincia, praias, festas, parroquias,  lugares de interese...despois indagamos sobre o equipo de goberno e as súas funcións. Esto último era máis difícil polo que a modo de puzle tiveron que averiar as funcións de cada concelleiro ou concelleira, o resultado de todos os equipos foi estupendo porque acertaron á primeira.
















Mural sobre Bueu









 
LAPBOOK SOBRE BUEU









 E para afianzar o que aprendemos que mellor maneira de expoñer o noso traballo a outros nenos, ao mesmo tempo que traballamos a expresión oral, esa que tanto custa e a moitos tanta vergoña lles dá. 
O alumno de 2º tamén estivo traballando sobre o concello de Bueu, polo que tamén sabían moito pero viñeron as aulas de 3º para aprender un pouquiño máis sobre o seu pobo.











 A nosa derradeira actividade foi facer unha enquisa, e a quen ía ser? Pois a nosa compañeira e concelleira Macu. Foron moitos os que se sorprenderon ao mirar a súa foto no equipo de goberno do noso concello.
Por equipos redactaron varias preguntas e despois entre todos elaboramos unha completísima enquisa para coñecer unha pouco máis a Macu.





E así pechamos este gran traballo realizado por todo o alumnado de 3º. 
Moitas grazas Macu por atendernos e dedicarnos un pouquiño do teu valioso tempo.

BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS! 







VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...