domingo, 13 de mayo de 2018

APRENDIZAXE COOPERATIVA: PROXECTO DE ALIMENTACIÓN 4º DE PRIMARIA

Despois de todo un longo curso, non é nencesario volver repetir en que consiste o Proxecto integrador do centro.
Pois ben o alumnado de 4º A, despois de teren traballado durante o primeiro e segundo trimestre a pirámide nutricional, a roda alimenticia, nutrientes, alimentación sá e equilibrada e as enfermidades relacionadas con este tema, chegamos ao punto final, onde queriamos elaborar as nosas propias receitas.
Empezamos primeiro por elaborar o noso plan de equipo. Formamos equipos cooperativos, e primeiro elaboramos as normas:

Despois pasamos a elaborar os obxectivos que nos marcabamos, a repartir os cargos, ...




Discutimos cales ían ser os nosos nomes e on nosos logos. Este foi o simpático resultado.





Só nos quedaba poñernos mans á obra. Queriamos, para poder elixir e facer unha compra responsable, interpretar o que dicían as etiquetas dos produtos procesados. 
Co folio xiratorio, fomos destripando todo o que poñía. Un descubría que viña o prezo, outro o peso ou a cantidade, outro a lista de ingredientes ou valor nutricional, outro a orixe do alimento ou onde foi procesado, ... Rematamos cunha posta en común e entre todos completamos toda a información. O máis difícil foi entender o valor nutricional, pero nos valeron moito os coñecementos previos e ver algúns vídeos máis.
Con outras dinámicas, 1-2-4 ou lapis ao centro, cubrimos fichas para afianzar e asimilar mellor: 









O seguinte paso foi decidir por equipos que receita queriamos elaborar, redactala e facer a lista da compra. 






Antes de cociñar fomos mercar ao supermercado o que necesitabamos. Tiñamos que aplicar todo o que sabiamos. Preferiamos produtos de orixe galego que foran procesados aquí. Elixir a mellor relación precio con cantidade. Por suposto o que tivera os ingredientes máis saudables e con nomes intelixibles e o menos valor calórico...










Todo listo para empezar a cociñar. Estos son os pratos que dicidimos cociñar:
  • Cenoiras Xenerosas: PANINIS.
  • Amistosas Estrelas Michelín: ENSALADA DE FROITAS.
  • Lambetadas Xusticieiras: BICA GALEGA.
  • Tartaletas Solidarias: BISCOITO DE CHOCOLATE E NOCES.
  • Superxeados Tolerantes: MOUSSE DE LIMÓN.
  • Teteiras Respectuosas: ENSALADA DE QUEIXO.





sábado, 12 de mayo de 2018

CASTELAO DE CHUMBO A VERBA

O mes de maio é, xa por tradición o mes das LETRAS GALEGAS, así que as actividades que teñen co ver co fomento do uso e o amor pola nosa lingua sucédense sen tregua. 
Este ano o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto tivemos a sorte de baixar, o pasado venres 11 de maio, ao Centro Social do Mar, para ir ver: CASTELAO DE CHUMBO A VERBA.
Só dicir que nos encantou o filme e tamén coñecer ao seu director Miguel López.
Se queredes ter máis información sobre este acontecemento clicade na foto e accederedes ao blog de Dinamización Lingüística.

miércoles, 9 de mayo de 2018

EXCURSIÓN A SANTIAGO DO ALIMNADO DE 4º DE PRIMARIA

O pasado 8 de maio, os nenos e nenas de 4º de primaria fomos visitar a capital de Galicia:
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ao chegar acudimos ao MUSEO DO POBO GALEGO.

 Alí separámonos en tres grupos e realizamos un xogo de pistas que nos axudou a coñecelo dunha forma lúdica. Chamáronnos a atención as seccións da  música, dos oficios, das vivendas, do mar, ...


Pero o máis impresionante foi a escaleira helicoidal triple. Por elas tiñamos que subir e baixar continuamente se queriamos responder as cuestións que se nos plantexaban.
Resultado de imagen de escaleira helicoidal museo do pobo galego
Os que rematamos rápido fomos a capela de Santo Domingo de Bonaval, e alí vimos o panteón de galegos ilustres, onde están enterrados, entre outros, ROSALÍA DE CASTRO E CATELAO.

Fomos, logo, merendar na fermosa Praza da Quintana para posteriormente entrar uns minutiños na grandiosa CATEDRAL DE SANTIAGO, onde lle demos a tradional aperta ao Apostolo. Sorprendeunos a cantidade de xente que había de todas as nacionalidades.
Ao saír dirixímonos á PRAZA DO OBRADOIRO. Que bonita é a fachada principal da catedral! Agora xa está practicamente restaurada. Sacámonos unha foto no centro mesmo da praza, onde chegan os peregrinos ao final do seu camiño.

Pero o mellor estaba por chegar! Tocaba subirse no TREN TURÍSTICO que nos levaría polas principais rúas da cidade, mentres unha guía, ía dando explicacións! A verdade é que case ningún de nós escoitou nada do que dicía porque estabamos demasiado excitados.


Cando baixamos do tren, todos estabamos desexando ir xantar, e así foi. Despois dunha boa caminata chegamos ao parque de VISTA ALEGRE. Comemos nun periquete e a xogar. Que ben o pasamos!




Pola tarde, quedábanos a mellor das sorpresas: 
O MUSEO DE HISTORIA NATURAL!
Creo que non houbo ningún de nós que non quedara impresionado. Dani, o noso guía, dounos unha clase moi instrutiva sobre animais vertebrados e invertebrados, sobre plantas, cogomelos, sobre hábitas galegos, sobre minerais e sobre ecosistemas. 







No seguinte vídeo poderedes ver unha boa galería das fotos da xornada:

domingo, 6 de mayo de 2018

VIII CORRELINGUA DO MORRAZO

Outro ano máis, as rúas de Bueu, enchéronse da rapazada dos colexios do Morrazo.
O VIII CORRELINGUA DO MORRAZO,  baixo o lema A LINGUA NON PARA, celebrábase na nosa vila o pasado 4 de maio.
Como xa é tradional o noso vestiuse de branco e nas súas camisetas aparecían palabras en galego, pero esta vez estaban todas relacoonadas coa alimentación: Cerixas, amorodos, leitugas, xurelos, patacas, cacheiras, ... pero tamén tixolas, garfos, culleradas, ...








O mellor da xornada, constiuino o gran concerto que dou PACO NOGUEIRAS,   presentádonos o seu novo álbum, "RADIO BULE BULE".


No seguinte vídeo poderedes gozar coas imaxes desta inesquecible xornada:

miércoles, 2 de mayo de 2018

AS RECEITAS DE 3º B



Como sabedes este curso estamos inmersos no proxecto "Unha enchente de libros" sobre a alimentación. Pois ben, este trimestre estamos traballando as receitas, e que mellor maneira de aprender que cociñando. 

Na clase elaboramos unha lista con todo o vocabulario de cociña, os diferentes verbos que se empregan na elaboración e así como tamén algunha frase feita.

O pasado martes 24 de abril empezou un equipo elaborando unhas riquísimas pastas. Estivemos no comedor do centro e mentras elaboraban a receita os demais escribíana no seu caderno.
Mirade que auténticos Master Chefs.







Despois de 10 minutos no forno.....Mmmmmmm






                                            
                                         BO TRABALLO EQUIPO! 


O mércores 25 outro equipo trouxo os amorodos para realizar un zume porén como había piña do día anterior, as profes improvisamos un riquísimo zume de amorodos con ananás.





RIQUÍSIMOOOOOOOO! 

O vindeiro martes toca Brownie de Chocolate....mmmmmm que ben arrecende o cole!


TERCEIRO DE PRIMARIA VISITA AS ILLAS CÍES COS BOLECHAS

O pasado 23 de abril, Día do Libro, o alumnado de terceiro de primaria en compaña doutros tres colexios de Vigo, Vilagarcía e Ribeira e Os Bolechas fixeron unha viaxe en barco ata as Illas Cíes para apoiar a candidatura a Patrimonio Natural  desta fermosa paraxe  que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.


Ademais dos Bolechas os nenos e nenas tamén contaron coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves e co concelleiro de Obras e Servizos e relacións institucionais do concello de Bueu Fidel Catro Quiroga.
Despois do traslado en barco dende o Porto de Vigo ata as Illas Cíes os representantes políticos déronlle a cada un dos presentes unha guía na que, coas personaxes como protagonistas de Pili, Tata, Carlos, Sonia, Braulio e Loli, infórmase aos cativos da riqueza destas illas e de como hai que comportarse nelas.

                             

Despois os escolares fixeron unha pequena ruta guiada na que puideron comprobar in situ a gran cantidade de especies mariñas que podemos atopar nas Illas. Tras isto os cativos desprazáronse ata a praia de Rodas onde tiveron xogos tradicionais como as carreiras de sacos ou o tiro a corda.

Para rematar esta  divertida mañá todo o alumnado comeu e gozou dun tempo na praia saltando e xogando coa area antes de coller o barco que nos levaría de volta a Vigo.


A continuación podedes ver un vídeo con algunhas fotos deste marabilloso día.




VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...