miércoles, 6 de junio de 2018

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR


O pasado venres 1 de xuño, o alumnado de 3º participou nunha charla chamada " O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR". 
Contáronnos os diferentes tipos de peixes que hai no mar e a gran variedade de vitaminas que aporta ao noso organismo. Trátase de fomentar entre os máis pequenos a importancia de incluir o peixe nas súas dietas para que sexan equilibradas.
É un alimento moi rico en nutrientes, con múltiples beneficios que axudan a medrar e manter unha correcta saúde, así como tamén axudan ao bo funcionamento do noso corpo. 














AS RECEITAS DE 3ºB


O pasado martes 8 de maio, foi a quenda doutro equipo, esta vez cociñaban BROWNIE DE CHOCOLATE!

Como as outras veces, deleitáronnos cunha marabillosa clase de cociña. Todo o equipo sabía perfectamente o que tiñan que facer, explicáronnos os ingredientes e utensilios que precisaban, así como tamén a súa elaboración. Mentres uns cociñaban o resto da clase tomaba anotacións sobre esa receita.























E tras 40 minutos no forno, chegou o mellor momento, a degustación.
Estaba riquísimo equipo, bo traballo!!

Que será o seguinte?...
Mmmmmmmmmm

3º VISITA SANTIAGO DE COMPOSTELA


O alumnado de 3º de primaria, o 15 de maio, achegouse ata a capital de Galicia, Santiago de Compostela.

De camiño ata alí Rocío, nai de Andrea, foi amenizando o traxecto poñendo música e contándolles aos cativos algo de historia da Catedral de Santiago así como lendas sobre ela.

A primeira parada foi no Museo do Pobo Galego, onde fixeron un xogo de pistas no que tiñan que ir recorrendo as distintas salas (mar, oficios, música, campo, sociedade…) para buscar a solución.

Ao rematar achegáronse ao Panteón de Galegos Ilustres, na capela de Santo Domingo de Bonaval, onde descansan os restos de varios persoeiros da cultura galega como Rosalía de Castro, Castelao, Domingo Fontán, Ramón Cabanillas, Alfredo Brañas...

Tras isto atravesaron as fermosas rúas de pedra da cidade ata chegar a Praza do Obradoiro, onde descansaron un ratiño e tomaron a merenda aos pés da marabillosa Catedral de Santiago. Logo entraron nela para darlle a tradicional aperta ao Apóstolo e ver onde están os seus restos.

Á saída da Catedral volveron para a praza do Obradoiro, onde os agardaba o tren turístico que os levaría polas principais rúas da cidade. A todos lles encantou ir no tren!

Tras baixar do tren foron camiñando ata o Parque de Vista Alegre onde xantaron, xogaron e comeron xeados.

Ao ladiño deste parque estaba a derradeira parada deste día, o Museo de Historia Natural, no cal entraron pola tarde. Con Dani, o guía, foron percorrendo as diferentes partes deste estupendo museo e el íalles explicando cousiñas sobre os animais vertebrados e invertebrados, as plantas, os mofos, os minerais... e tamén sobre os diversos hábitats e ecosistemas que nos atopamos no mundo.

A saída do museo tiveron un ratiño para merendar antes de comezar o camiño de regreso ao colexio.





































Pasámolo xenial! 





VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...