Que bonito é compartir os nosos coñecementos, as nosas experiencias!
Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Javier e Cristina, pai e nai de Javi. Viñeron contarnos a súa viaxe ó pasado, que fixeron sen necesidade de ningunha nave. De feito foron no seu coche e chegaron en menos de tres horas.
A familia Freire Moldes visitaron Taramundi ,en Asturias, e puideron ver como toda vila é un auténtico museo do pasado.
Comprobaron como aínda hoxe en día se seguen a facer as famosas navallas de Taramundi de forma artesanal.
A través de distintas salas observaron como foi evolucionando as formas de moer o millo.
Chamou a súa atención tamén diferentes obxectos do pasado como pupitres, máquinas de coser, de escribir, ...
Aprendimos un montón de cousas novas!
GRAZAS FAMILIA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario