jueves, 1 de noviembre de 2012

SAMAÍN 2012

 Un ano máis no colexio "A Pedra" celebramos a festa do Samaín.
 Xa durante todo o mes, á proposta do equipo de Biblioteca e o de Dinamización Lingüística, estivemos reflexionando sobre os nosos medos. A arañeira da entrada encheuse deles: escuridade, cimiterios, soidade, pesadelos, bechos de todo o tipo, ...
 Este ano, as seccións bilingües, contamos coa axuda de Megan, auxiliar de conversa de Oregón. Desta maneira puidemos coñecer de primeira man como se celebra o Halloween en Estados Unidos. Con ela enchimos o cole de pantasmas e confecionamos unhas coroas de morcegos para os máis pequenos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...