Non era difícil de adiviñar. Este ano todo o
alumnado do colexio A Pedra disfrazámonos dos diferentes personaxes de conto
como parte do Proxecto de Contos Clásicos que se ven realizando dende o comezo
do curso.
Así, o pasado 8 de febreiro, as rúas de Bueu enchéronse de Porquiños, Pinochos, Gepettos, Peter Pans, Campaíñas, Brancaneves, Ananiños, Madrastas, Príncipes, Cartas, Alicias, Coelliños, Raíñas de Corazóns, Sombrereiros Tolos, ...
Durante toda a semana previa ao desfile o colexio estivemos vivindo o entroido con sinais como.
- O luns pispireto píntate o careto.
- O martes atrevido un gorro divertido.
- O mécores saboroso algo no pescozo
- O xoves do revés trae algo nos pes.
No segundo ciclo preparamos a nosa canción de comparsa
AI HO ! DE "A PEDRA"
Sumar, sumar
restar, multiplicar
e dividir,
xa estamos
máis que fartos
de ler e de escribir.
Quen fale máis
castigado estás.
Se non o fas
ao recreo non vas.
A CALAR!
SENTA BEN!
SEMPRE IGUALLLLLLLLL!
TRABALLARRRRR!
OUTRA BRONCA MÁÁÁÁÁÁÁIS!
Sumar, sumar
restar, multiplicar
e dividir,
xa estamos
máis que fartos
de ler e de escribir.
Pingueiras hai no pavillón
no patio pozas un millón
e sen saber `por que razón
vimos con ilusión
Pingueiras hai no pavillón
no patio pozas un millón
e sen saber `por que razón
vimos con ilusión
AI HO!
AI HO!
AI HO!
Chegou, chegou
a hora de descansar
na na na na
na na na
ai ho, ai ho
ai ho, ai ho
a casa xa me vou.
(Silbidos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario