LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO
O
24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de
Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do
Libro e da Lectura.
Dende o noso cole tamén queremos contribuír a esa homenaxe á nosa gran poeta que trascende de maneira universal ao longo dos tempos.
Dende os Equipos de Dinamización e Biblioteca propoñen que cada grupo-clase escolla un poema do libro CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro e o aprenda de memoria para despois recitalo.
Pois ben, ao longo da semana todos os alumnos e alumnas do 2º ciclo estiveron traballando nos poemas seleccionados. Este é o resultado de tanto traballo. Tivémolo que repetir moitas veces, pero mereceu a pena. Esperamos que vos gusten!
No hay comentarios:
Publicar un comentario