A semana previa ás vacacións de Pascua foron as escollidas polo colexio para levar a cabo os ALMORZOS SAUDABLES para todos o alumnado de primaria. Aos nenos e nenas do 2º ciclo tocounos o luns e o xoves.
- Na primeira xornada puidemos saborear un ALMORZO MEDITERRÁNEO composto por froita, leite con cacao e tostada de pan con aceite de oliva, xamón serrano e tomate.
- Na segunda xornada probamos un ALMORZO INGLÉS, no que destacou o revolto de ovos con xamón cocido. leite con cacao e froita.
Aproveitouse a ocasión para lembrar a importancia dunha alimentación equilibrada na que todos os nutrientes teñen que ter cabida na súa xusta medida.
Polo xeral os resultados foron positivos, a maioría dos nenos comeron todo o que se lles propuso. Pero ... sempre hai excepcións!! e a algúns e algunhas lles costou máis probar novos sabores.
Agradacemento ás nais que tiveron a ben vir botar unha man pois serville a cerca de 80 nenos e nenas non foi tarefa doada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante. Agora desc...
-
Co gallo do noso proxecto anual "LerArte" , neste primeiro trimestre decidimos traballar artistas galegos. En 4ºA escollemos o pi...
-
O pasado venres 21 de xuño festexamos a tan ansiada festa de fin de curso. Empezamos coa entrega de premios de Dinamización do tradicional ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario