domingo, 19 de mayo de 2013

DESPEDIDA DE BORJA

Non foi unha despedida e si un "ata pronto". Borja, o noso querido compañeiro,  márchase a vivir a Madrid, nada máis e nada menos. 

   O principio foi un sock ..., pero despois a profe explicounos que no se ía para sempre, que Borja seguía sendo de Bueu e que o próximo mes de xullo ía volver de vacacións. 

   Unha vez superada a primeira impresión empezamos a argallar unha festa de despedida ás agachadas de el. Cada un de nós preparamos unhas cartas nas que lle deciamos por que o iamos botar de menos   ou por que o queriamos tanto ou por que nos gustaba estar con el. 
   Saíron verdadeiras poesías destes papeis. Declaracións sinceiras de amizade, cariño, respecto, admiración a quen, por unanimidade, consideramos, ante todo, unha boa persoíña.
 Pasamos uns momentos moi emotivos mentres se lían as mensaxes. Non houbo bágoas e si moitos sorrisos, bicos e apertas.
   
   Borja botarémoste de menos. Os teus compañeiros e compañeiras e todos os profes desexámoste ...
SORTE AMIGO!

2 comentarios:

  1. Que bonito o video de despedida,fai chorar,seguro que sera unha experiencia moi positiva para el,pero botaraselle moito de menos.moita sorte Borja

    ResponderEliminar
  2. Precioso video.É bonito como cada nen@ pode despedirse do seu amigo expresando os seus sentimentos.Esperamoste pronto.Bicos Borja.

    ResponderEliminar

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...