O aniversario da nosa mascota estase a converter,
xa, nun dos días preferidos do cole. Cada ano nos sorprende cunha nova
celebración.
O alumnado do 2º ciclo fomos invitados, igual
que o resto de nenos e nenas, a ir á sala de usos múltiples. Os profes explicáronos que este ano Papirus non ía
estar con nós porque se atopaba moi ocupado gravando o disco da súa canción. No
seu lugar léronnos unha carta.
Na carta, o noso amigo, dicíanos moitas
cousas. Contaba que, cando se atopou soíño nas vacacións, empezou a remexer na biblioteca e atopou moitos debuxos del. Daquela, decidiu facer un vídeo da súa historia para que todos puideramos coñecelo mellor. Este é o resultado.
A que mola?
Tamén nos contou que, unha vez tivo rematado este traballo, saíu a explorar mundo e que chegou a outra biblioteca escolar, a do "CEIP O Carballal de Marín". Coñeceu alí as mascotas que viven alí: As tartarugas Tambo e Onza e a un Choco, sabio e moi velliño, chamado Catro Ollos.
Con eles, viviu unha apasionante aventura que está recollida nun cómic ilustrado por Trassiwolf, un prometedor xoven estudiante de Belas Artes . Prometeunos que nunhas poucas semanas poderiamos ter un exemplar do mesmo na nosa aula.
Neste colexio de Marín tamén coñeceu a Víctor, o profe de música. Fixéronse tan amigos que cando se despediron, Víctor sorprendeuno co mellor agasallo que puidera imaxinar:
A canción de Papirus.
Nun castelo de pedra gris vivía un polbo cacholán,
baixo as augas con “Catro Ollos” facía contos sen parar…
Tiña longas guedellas que peiteaba coa man
pachorrento, agarimoso, ailalelo, ailalá…
baixo as augas con “Catro Ollos” facía contos sen parar…
Tiña longas guedellas que peiteaba coa man
pachorrento, agarimoso, ailalelo, ailalá…
No “Can do Penedo” a lontra contou
unha morea de historias e a gorxa secou…
Bebeu a escachar mentres o mar desalagaba
e a tropa de peixes máis abaixo acampaba…
O polbo non se moveu
Achou un leito con forma de poza…
Alí por moitos anos esmoreceu…
Achou un leito con forma de poza…
Alí por moitos anos esmoreceu…
PAPIRUS TEN TRES CORAZÓNS:
CON UN AMA A COCOROLA
CON OUTRO Á VILA DE BUEU
E O TERCEIRO ESTÁ COS LIBROS…
Un bo día bocexando estricouse e espertou.
Os seus ollos viron contos, moitos nenos e algún Mac…
Cando a Lúa saíu, foi de rolda e revolveu.
Aquilo era unha biblio ailalelo ailalá…
A dire entrou, estaba todo espallado.
O conserxe foi correndo moi alporizado.
Buscaron o culpábel e miraron cara o ceo
e deron con Papirus que dixo todo cheo:
pendurado nesta rede de pelo
serei servidora mascota:
Benvidos sodes todos a BiblioCastelo…!!!
Finalizamos a celebración indo para a biblioteca. Ali diante do fabuloso mural pintado polo artista David, cantámoslle todos xuntos a canción, que xa todo o colexio coñece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario