domingo, 18 de enero de 2015

ANIMAIS E PLANTAS 4ºA 4ºB




Empezamos este novo trimestre coa exposición do derradeiro traballo de coñecemento do medio "As funcións vitais en animais e plantas".


Esta vez por parellas decidimos realizar un powerpoint escollendo un animal e unha planta. Utilizando o vocabulario específico do tema e empregando os conceptos aprendidos expuxeron oralmente o seu traballo. Falaron da función de nutrición, da reprodución e da función de relación de animais e plantas.



Explicando algúns tropismos das plantas, como a orientación das raíces cara á auga, ou das follas cara ao sol, ocorréusenos facer na aula un pequeno experimento.

Collemos dous caraveis brancos, metemos o talo nun recipiente con colorante azul e outro vermello, e así puidemos comprobar ao longo dos días como as súas follas ian tornándose desa cor. Algúns animáronse a facelo incluso na casa e engadiron os resultados no seu powerpoint.

                                  

                                   

                                    


Os resultados unha vez máis foron excelentes! Sabemos que a exposición oral é o máis difícil neste tipo de traballos, porén cada vez fano mellor. Facemos fincapé na  importancia de engadir pequenos esquemas e fotografías que nos axudan a coller confianza en nós mesmos, nos serven como guía e fan que a nosa ponencia sexa moito máis amena.



Este tipo de aprendizaxe é moito máis significativa e motivadora, e a vosa creatividade é unha fonte inesgotable de sorpresas!



Grazas!


















































PARABÉNS!

1 comentario:

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...