lunes, 4 de mayo de 2015

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Son eses días que podemos ter seguro que quedarán nun recunchiñp do noso baúl dos nosos recordos:
OS APADRIÑAMENTOS E AFILLADAMENTOS LECTORES!
Si, si, así como o ledes porque o alumnado de terceiro temos a sorte de vivir os dous roles.
Primeiro, o luns  27 de abril, fomos padriños dos nenos e nenas do último ano de Educación Infantil. 
Que lembranzas máis bonitas temos da nosa estadía nese centro!!!. 
 Que bonito volver a atoparnos con Tania e Xixela, as nosas profes de infantil!!!!
 Que pracer lerlle aos pequeniños os nosos contos preferidos de cando nós  tiñamos esa idade!!!
Despois o martes 28 de abril, fomos afillados lectores, porque o alumnado de sexto de primaria veu lernos a nós. 
Moitas grazas mozos e mozas de sexto!!!!
Encantounos que nos lerades!!!!
Tede por seguro que máis de un xa estamos lendo eses libros  que comezáchedes con nós!!!!!

Sabemos que este foi o último ano pois, este alumnado, xa se vai do cole e nós o ano que vén xa só seremos padriños, e ninguén nos lerá pois xa seremos dos maiores do cole.
LEI DE VIDA!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...