Durante o primeiro trimestre os alumnos e alumnas de 3º estivemos varias veces na aula de Ciencias realizando varios experimentos; sobre os cinco sentidos, realizando un volcán e observando a graxa dos alimentos. Aquí tendes un pequeno vídeo como mostra do ben que o pasamos.
Expirementando cos alimentos.
Co gallo do noso proxecto sobre o espazo, na área de ciencias sociais durante o primeiro trimestre traballamos por equipos os planetas, os meteoritos, as constelacións, os satélites artificiais e naturais, algúns astronautas importantes... e todo o que eles quixeron indagar sobre o noso Sistema Solar. Aprendemos que a mellor forma de aprender, é buscar a información, resumila e logo compartila oralmente cos nosos compañeiros. Así entre todos realizamos unha aprendizaxe significativa moi divertida e dinámica.
Agora xa estamos a argallar o noso seguinte proxecto, as plantas.
Da gusto traballar así con nenos e nenas tan motivados. ;)
PARABÉNS!
Fabuloso traballo!
ResponderEliminarFabuloso traballo!
ResponderEliminar