A semana pasada na clase de 4º A empezamos a traballar o texto sobre as receitas e resultou ser moi divertido e delicioso. Cada día un compañeiro ou compañeira traía da súa casa unha receita feita por eles mesmos que despois na clase escribían e repartían para degustar.
MMMMMMmmmmmm deliciosos!!!
Biscoito de Sara |
Galletas de Aitana |
Biscoito de Eloy |
Tamén escribimos a receita das galletas feitas por Juán e tamén as riquísimas magdalenas feitas por Dani. (Olvideime de sacar as fotos, síntoo)
Pois ben dado o éxito da actividade e o motivados que estaban, decidimos facer de chefs pero aquí no cole. Cada equipo debía pensar que receita podían facer, xa que non temos forno nin fogóns, tiñan que pensar nunha receta fría sen cociñar ou só utilizando o microondas.
Case todos os equipos xa na clase buscaron a receita e organizáronse entre eles para repartir os ingredientes e utensilios que precisaban.
- Un equipo decantouse por un pequeno biscoito de chocolate que un dos compañeiros sabía facer e organizou no seu equipo.
- Noutro equipo decidiron facer un batido de diversas froitas.
- No seguinte equipo acordaron facer unha macedonia de froitas.
- Seguindo coas froitas, noutro organizaron unhas brochetas de froitas variadas pero aderezadas con chocolate quente para aqueles que o preferisen.
- O derradeiro equipo tardou un pouco máis en decidir que facer pero finalmente buscamos unha receita de magdalenas no microondas.
Despois do recreo trasladamos todos os nosos ingredientes e utensilios para o comedor do centro. Cada equipo colleu unha mesa e puxéronse mans á obra. Daba gusto velos como se organizaban, aínda que precisaban a miña axuda para cortar certas pezas de froitas ou para empregar o batedor, eles sabían en todo momento que facer.
O resultado foi moi saboroso!!!
Nesta ocasión a miña fotógrafa foi Jimena porque eu xa non tiña máis mans, mirade que ben o pasamos.
Moitas grazas unha vez máis a todas as familias pola vosa colaboración!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario