Empezamos a traballar sobre os sentidos e como somos cinco equipos na clase, foi o alumnado quen me propuxo que cada equipo traballara un sentido. Tras un pequeno sorteo, xa que varios querían un sentido en concreto, empezamos a indagar.
Cada equipo empezou a traer información e fotos sobre o seu tema, buscamos información nos ordenadores e trouxemos libros da biblioteca do centro.
Da gusto velos traballar así, porque aprenden a seleccionar a información concreta que lles interesa, resumena e organízana na cartolina. Así como tamén indagan o que lles interesa de cada tema.
Como xogo tamén elaboran eles mesmos un pequeno TRIVIAL sobre cada sentido, así todos aprenden de todos e son eles os que construen o tema ao seu gusto.
Finalmente teñen que expoñer oralmente os seus traballos, na clase e noutras aulas. É optativo ir ás outras clases pero son todos os que queren ir a expoñer moi orgullosos os seus traballos. Foron a 1º,2º, 3º, 4º, 5º e 6º.
Fixéronno de marabilla!! E como son un equipo todos aprenden de todos e aprenden a traballar en equipo.
O OLFACTO |
O OÍDO |
O GUSTO |
A VISTA |
O TACTO |
O OLFACTO. EQUIPO: JAIME, ROI, ELOY,SARAY E XAVI.
A VISTA. EQUIPO: Dani, Juan, Miguel, Manu e Diego.
O TACTO. EQUIPO: Claudia, Sara Gil, María e Julio.
O OÍDO. EQUIPO: Nico, Dafne, Soraya e Aitana.
O GUSTO. EQUIPO: Deea, Jimena, Irene, Sara López e Sara Curra.
MOI BEN CAMPEÓNS E CAMPEONAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario