Como cada semana, os nenos e nenas de terceiro continuamos cos experimentos. Esta vez fixemos gominola de cocacola!
Para elaborar a nosa gominola precisamos cocacola, xelatina neutra e auga.
O primeiro que fixemos foi disolver as láminas de xelatina na auga. Para que quedaran ben disoltas quentamos a auga e removemos moi ben.
Nunha xerra vertemos a cocacola e engadímoslle a mistura anterior (auga e xelatina). Removemos un chisquiño para que se misturara todo ben e vertemos todo o líquido na botella de cocacola que quedara baleira.
Despois gardamos a botella no frigorífico e esperamos ata o día seguinte para ver o que acontecera.
O que pasou foi que o líquido da botella solidificouse e converteuse en gominola.
Xa tiñamos a nosa gominola con forma de cocacola lista!!! Agora soamente faltaba quitala da botella.
A nosa intención era cortar a botella con moito coidadiño para non romper a gominola pero non tivemos sorte. Tanto á profe Ana como a Silvia rompeulles a cocacola de gominola.
Que mellor xeito de rematar o noso experimento que saboreando unha gominola feita por nós. E que rica estaba!
No hay comentarios:
Publicar un comentario