domingo, 11 de marzo de 2018

MULLERES FAMOSAS E MULLERES NOSAS


Foi un traballo intenso e longo. Empezamos por traballar o texto da biografía. Continuamos, investigando sobre mulleres do noso entorno que por unha ou outra circunstancia, chegamos a admirar. Despois compuxemos os textos. Por outra banda interesámonos polas vidas de mulleres que contribuíron dalgún xeito á humanidade e que foron, a maioría das veces inxustamente tratadas pola historia.
Aprendemos moito e sobre todo concienciámonos da importancia das mulleres no mundo, tanto das que viviron ou viven lonxe como das anónimas que estiveron ou están ao noso carón. 
Despois foron os ensaios, eramos demasiados e todos queriamos participar. 
Por fin chegou o día. O pasado venres, 9 de marzo, presentamos o noso traballo no Centro Social de Mar. 


Leer más publicaciones en Calaméo
Estabamos moi nerviosos e nerviosas pero todo o  mundo nos dixo que o fixeramos moi ben e que o traballo era moi fermoso. No seguinte vídeo poderedes ver unha galería de imaxes. A música foi a utilizada na presentación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Bueno, chegaron as vacacións, unha tristeza que sexa nesta situación pero hai que ser positivos, a saúde é o máis importante.  Agora desc...